Punto de non retorno


Parece que mais do 60% dos españois están en contra de que as rapazas musulmanas leven velo á escola. Sobrenténdese que non só están en contra, se non que ademais están dispostos a impedilo, prohibíndolle entrar nas escolas con ese complemento. De feito, o velo xa non é velo: é un velo islámico. E a razón non é un prexuizo cristián: é polo laicismo crecente.

Na delirante cruzada contra o feito de levar un pano na cabeza (cruzada que non se estende aos colexios de monxas ou ás vellas do rural) tanto a esquerda como a dereita están de acordo. Cada unha, co seu simulacro de motivo: a primeira, por protexer a laicidade (que a ninguén preocupou xusto ata agora), a segunda tal vez por defender a tradición cristiana do país (tradición que, sexamos sinceiros, só respeta unha pequena minoría).

O que me leva a pensar que España xa pasou o seu punto de non retorno en materia de xenofobia e racismo, e comenza a crer nas súas propias mentiras.

O seu fillo poderá levar un crucifixo a clase. A súa filla poderá ir disfrazada de gótica. A monxiña seguerá a dar clases de labores con traxe talar. Na escola pública seguerá habendo catequesis en horario lectivo. Pero ningunha nena musulmana levará un pano na cabeza cando vaia a escola.

Hiyab, corto enviado por un amable lector:

Relacionada: Redargución.