Que semelle un accidente (4): dimisión dos ENL


Os coordenadores de área dos equipos de normalización lingüística, os catro coordenadores provinciais e o coordenador central veñen de presentar a súa dimisión simultánea.

Normal: xa non hai equipos de normalización, agora son de dinamización. A sombra da FAES é alongada.

Dinamo: próxima dotación da Consellería
para electrocutar a lingua.

Que semelle un accidente (3)


Infórmame o secretario do meu centro que está a poñer ao día a lista de libros de texto para adaptala ao decretiño de plurilingüismo guay, ese que saiu da cabeciña iluminada de Feijóo. Cóntame, contra o pretendido pronóstico, que as clases e os libros en castelán foron estes anos maioría. Se eso ocurre nun instituto do rural, de alumnos maioritariamente galegofalantes, e relativamente concienciado coa cuestión lingüística, ¿qué non estará a suceder noutros?

Por se fora pouco, en toda Galicia haberá que tirar con 190.000 libros de texto por estaren escritos en galego valorados en 3,8 millóns de euros (Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía) e sustituílos por outros tantos en castelán. Eso fará que a proporción de libros en galego baixe.

En materia de lingua galega recibimos unha mala nova sobre outra. Aquí cada vez se disimula menos.

Ese resulta a ser o conto do galego imponido: demagoxia barateira. Para acadar o obxectivo lingüicida non hai argumentos de austeridaz que valgan.

Feixóo, colaborador necesario.

« Older entries