Fame e revolta


No artigo da Wikipedia en español sobre a revolución francesa de 1789 dise moi claramente que

(…) Hubo un aumento de los gastos del Estado simultáneo a un descenso de la producción agraria de terratenientes y campesinos, lo que produjo una grave escasez de alimentos en los meses precedentes a la Revolución.

Do mesmo xeito xa no cuarto ano da actual recesión económica estase a producir unha silenciosa escalada dos prezos dos alimentos.

Nos países occidentais a porcentaxe de renda familiar adicada á alimentación é mínima. Os gastos correntes (vivenda, electricidade, auga, internet e teléfono, roupa, viaxe e ocio) devoran a maior parte do presuposto familiar. Unha alza nos precios da comida non ten repercusións perceptibles, e pode ser solventada eliminando calquera dos gastos anteriores.

Pero nos países onde a alimentación supón a partida de gasto mais abultada unha variación no prezo pode significar pasar da fartura á fame. O incremento dos precios dos alimentos que ven detectándose dende que comenzou a crise económica explican, como causa próxima, os acontecementos dos países árabes. A opresión política, a falta de liberdade e a corrupción son identificadas como a causa remota da inmediata situación de escaseza, e rematan no estoupido revolucionario árabe. Moi pouca xente se decatou de que as primeiras revoltas árabes non foron as de Tunisia, senon as de El Aaiún, nos últimos meses de 2010, no Sáhara Occidental ocupado, cando ás aforas da cidade foi levantado un campamento de 20.000 jaimas, non tanto como intifada a favor do referendum, senon como protesta pola situación laboral e económica da minoría (e lexítima propietaria do territorio) saharaui. A fame apreta primeiro a quen menos ten. Para que logo diga a ministra Trinidad Jiménez que o caso marroquiano é diferente ao de Exipto. O é, pero só se temos en conta que o Sáhara Occidental non é Marrocos.

Esperemos que, como noutras ocasións da Historia, unha vez que a causa próxima desapareza, as causas remotas persistan no seu funcionamento e den lugar ao cambio social esperado. En Marrocos tamén.

Actualización: xa non teño claro se onde digo próximas debería dicir remotas e viceversa…

Un home alza unha barra de pan durante unha protesta. Fonte, El País.

A trampa do fundamentalismo


Resúltame completamente imposible de aceptar que tras miles de horas de visionado de pelis porno en internet os xoves (e non tan xoves) tunisianos e exipcianos sexan permeables ao fundamentalismo islámico. Máis ben ten pinta de que o perigo islamista é unha excusa dos nosos xerifaltes para xustificar a súa complacencia cos diferentes dictadorzuelos cos que teñen intereses comúns.

Semella que agora hai que evitar que unha intifada coa que non se contaba (ou eso parece) se extenda polo norte de África. A Ministra de Exteriores de Marrocos/España, Trinidad Jiménez, xa advertiu que non hai risco de que a situación se contaxie ao noso veciño sureño:

“Creo sinceramente que la situación en Túnez y Egipto es claramente diferente de la situación en Marruecos”, aseguró. “(…) hay que recordar que Marruecos es un país que inició ya hace algunos años un proceso de apertura democrática” (fonte).

O terceiro na sucesión no trono de Mohamed VI pensa xusto o contrario, e os de El País, sempre tan atentos, o traducen ao francés para que os súbditos marroquianos se dean por enterados. Será por eso que o alauita deu por rematadas sorpresivamente as vacacións, pouco antes de que os primeiros síntomas de contaxio se detectaran en territorio marroquiano, e será por eso que hai informacións que falan dun movemento masivo de tropas cara ao norte, dende o Sáhara ocupado.

Marrocos, que non está libre dun fundamentalismo real (os atentados de Atocha os cometeron na súa mayor parte súbditos marroquianos), merece todos os nosos desvelos; 90 millóns de tunisianos e exipcianos non tanto, ainda que moitos deles (ou eso ten pinta) sexan internautas enganchados ao ciberporno e os móbiles.

« Older entries