Dilemas escolares


Como explicamos no seu día, hai un número máximo de alumnos por grupo (que en realidade emprégase como mínimo por aquilo do aforro de costes): ese número é a ratio. Na ESO a ratio é de trinta (30) alumnos por grupo.

O que quere dicir é que se tes 60 alumnos, poñamos por caso, en 2º da ESO, a administración deixache facer dous grupos: cada grupo terá 30 alumnos, cos seus profesores correspondentes. Pero se tes 61 alumnos, un só alumno mais, a administración permitirá que fagas tres grupos. As ventaxas de ter un só alumno máis son evidentes: pasas a ter 20,3 alumnos por grupo, e o profesorado necesario aumenta. Por un só rapaz todos contentos: menos alumnos para mais profesores. É por iso que nalgúns centros un só alumno pode significar a diferencia entre o caos e a normalidade.

En época de recortes orzamentarios a ratio é o sistema mais eficaz que ten a administración para aforrar persoal. O dilema xorde cando, en plena camapaña de avaliacións finais, que é cando se decide definitivamente o paso duns alumnos dun curso a outro, bótanse os cálculos pertinentes e descóbrese que hai que forzar a promoción ao curso seguinte dun alumno que non o merece, todo ilo para salvar esa ratio nos grupos do seguinte nivel ou do anterior.

Por un lado, é un acto inxusto, pois dispensas un trato inmerecido ao alumno ou aos alumnos en cuestión ao premialos sen merecelo, deturpando o proceso de avaliación. Por outra banda é un acto útil, pois de non facelo o centro perde profesores, o número de alumnos por grupo aumenta e a calidade do ensino diminúe perceptiblemente, xerándose incontables problemas disciplinares. ¿Qué facer?

Dende o punto de vista da moderna teoría ética a resposta non é definitiva. O Utilitarismo de Stuart Mill estaría a favor de facer a trampa de manipular as notas para que as contas cadraran: o maior ben para o maior número de persoas. O Utilitarismo é unha ética das consecuencias e os resultados: unha visión liberal e economicista da conducta boa e recta que non se para moito en componendas de principios e grandes valores. Unha ética deontolóxica, como a Kantiana, pouco preocupada polas consecuencias e centrada na vontade moral e o cumplimento do deber, abominaría de tal decisión: é a coñecida prohibición absoluta de mentir, incluso para salvar unha vida humana (canto menos para manter a plantilla dun centro escolar). Segundo Kant o inxusto é inxusto ainda que as súas consecuencias sexan boas.

Ao docente que pon aprobados ou suspensos sen ter os datos exactos o mundo acábaselle no vello Kant: somos profesores con principios, tratamos de ser xustos e ecuánimes, poñemos calificacións “verdaderiras”, ou polo menos, cercanas a esa vaguedade chamada “verdade”. Pero cando a ese mesmo profesor daslle as xélidas cifras na man, desprovistas de nomes e apelidos, e exposlle as frías consecuencias, pónselle cara de Mariscal de Campo en plena batalla: este morre pola patria, este vive. É complicado non deixarse levar por ese deslizamento moral, como lle chamaba Jonathan Glover.

Para solucionar o dilema poderíamos trasladar os principios kantianos directamente ás consecuencias utilitarias, identificando o Deber do sabio de Königsberg cos resultadoss desexados: Recto Principio sería entón Boa Consecuencia. Quedaría así un bonito razoamento circular que rompería o dilema, iso si, sen tranquilizar moito a nosa conciencia.

Os periodistas e os analistos falan moito da desgracia da promoción obrigatoria que introduciu a LOGSE e do mal que vai o ensino no país. Non teñen nin idea do que se cociña nos nosos centros escolares. É normal que non o saiban: o que non é aceptable é que falen sen teren nin puñeteira idea. Solucións ad hoc como a citada se empregan tódolos días: recovecos administrativos, casos especiais, benevolentes chapuzas para sacar adiante problemas que o sistema non é quen de prever. Xa o dicía Bismarck: “coas leis pasa como coas salchichas: é millor non mirar cómo se fan”.

Kant_-_SIL14-K001-05a

Immanuel Kant
(alias Manoliño Non-pode)