Salarios en España


Insistenme en que actualice este bloguiño, algo esquecido dende hai un mes, e atopo a oportunidade de facelo ao ler unha noticia tan alarmante como interesante: o salario máis frecuente en España é equivalente á pensión de xubilación media:

el salario medio neto en España era de 1.286 euros mensuales (por catorce pagas) en 2010, cuando la tendencia contractiva de los costes laborales no se había iniciado todavía. Pero el salario más común, más frecuente en terminología de Estadística, era en ese año de 941 euros, mientras que la cuantía de la pensión media de jubilación era en ese ejercicio de 893,2 euros (también por catorce pagas).

Ahora, dos años después, la pensión media de jubilación es de 951,83 euros, mientras que la presión bajista sobre los costes laborales habrá estancado, cuando no reducido, la cuantía nominal de los sueldos más frecuentes.

A noticia é do diario Cinco Días, paga a pena lela completa nesta ligazón, e revela con claridade a estratexia gubernamental e dos organismos internacionais ante esta interminable depresión económica: xa que non é posible unha devaluación monetaria, por estar atados ao euro, óptase dun ”proceso de devaluación interna y acelerada (…) para recomponer niveles competitivos de costes primero, y de precios, después”. O que, en definitiva, supón un retroceso aos niveis de vida dos anos oitenta ou, incluso, dos setenta.

Que caro vai sairnos tanto ladrillo inútil…

Advertisements

1 comentario

  1. sobreira said,

    Xaneiro 15, 2013 ás 16:26

    Agora publicítanse “pisos por días”, un híbrido conceptual entre unha teórica propiedade e un aluguer de facto e de iure. Razón:

    http://www.apartamentostemporales.com/?gclid=CPX_tZ3I6rQCFefMtAodp1cAsw


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: