Kazimiera Mika


Para entender este post deben vostedes lembrar outro anterior (Historia dunha fotografía), no que contábamos a historia (ou suposta historia) da fotografía de Kazimiera Mika, a rapaza que, durante a invasión de Polonia por parte de Alemaña, choraba a morte da súa irmá.

A foto era esta:

Por casualidade hai uns días atopei o documental completo (SiegeAsedio– 1939) que o periodista norteamericano Julien Bryen (autor da fotografía) rodou durante a invasión nazi de Polonia. EE.UU. aínda non estaba en guerra con Alemaña, e os acontecementos en 1939 non se precipitaran tanto como para que o aos militares alemáns lles perturbara a presencia de periodistas estranxeiros nun conflicto ”local” que, nese momento, xustíficábase dende o nazismo con simples argumentos étnicos (pois a invasión de Polonia presentábase á opinión pública como un intento de defender a minoría alemana das supostas agresións polacas). De feito, e por contextualizar o documental, non hai que esquecer que poucos días despois da entrada das tropas alemanas en territorio polaco, os soviéticos (futuros enemigos do IIIº Reich) tomaban en acordo con Hitler a outra metade de Polonia, unha circunstancia que ás veces é ignorada e que explica moitos sucesos posteriores.

Pois ben. Nese documental aparece unha secuencia desa mesma escena. Ata o momento descoñecía que existiran imaxes en movemento do suceso, o que no seu día non atopei en foro ou reseña algunha. Dado que a fotografía a coñezo dende hai moitos anos, o descubrimento accidental da película é para min como atopar un morto que voltara de repente á vida.

Son uns escasos segundos, pero dado que é unha montaxe documental non descarto que exista unha metraxe máis longa de toda a secuencia e algún día a podamos ollar completa. Dado que Bryen non podía sacar fotos e tomar imaxes ao mesmo tempo, supoño que era o seu camarógrafo quen sostiña a cámara (de feito, o propio Bryan sae no documental en varias ocasións).

A breve secuencia a poden atopar no minuto 9:39. O resto do documental (rodado case milagrosamente ao mesmo tempo dende a retaguardia polaca e dende a zona ocupada) é pouco agradable, pero recomentable para quen guste do xénero documental.

Julien Bryan, Siege (1939), 9:39.

Advertisements

Historia dunha fotografía


Mentres fotografaba os corpos, unha cativa de 10 anos viu correndo e se detivo chorando por un dos corpos; a muller [morta] era a súa irmá mayor; a cativa nunca vira antes alguén morto e non podía entender por que a súa irmá non lle falaba. A cativa mirábanos desconcertada. Puxen o meu brazo sobre ela e a sostiven fortemente, tentando confortala. Chorou, como o fixen eu e os dous oficiais polacos que estaban conmigo.

Julien Bryan, fotógrafo norteamericano, durante a invasión de Polonia por Alemaña en 1939.

A rapaza polaca era Kazimiera Mika, e convertiuse ó seu pesar nun icono dos horrores da guerra e da morte da inocencia. Ao parecer, Kazimiera aínda vivía en Varsovia nos anos 90. A serie fotográfica completa a inserimos mais abaixo. A historia a atopei, sen mais referencias de veracidade, neste foro.

Actualización: https://iesounonies.wordpress.com/2012/01/11/kazimiera-mika/