“Esto no duele? Esto duele”


Jorge Wasenbreg Lubiski diserta sobre as ferramentas de tortura empregadas nas touradas. Exactamente pasa esto, entre outras cousas, serve un parlamento:

Algún día miraremos cara atrás e veremos as touradas coa mesma vergoña coa que vemos outras cousas do pasado.

Cara o ciberestado de sitio


A filtración do documento ACTA, cuxo obxectivo é o recorte das liberdades en internet, non é mais que outro capituliño na loita dos gobernos e as corporacións privadas para acadar o estado de sitio cibernético.

A disparatada presidencia española da Unión Europea non fai mais que ensombrecer o siniestro panorama. Na recente interpelación feita aos países membros mixtura merluza con robaliza, equiparando a pederastia co simple copieteo de cedés, considerando internet un instrumento de retroceso social:

la realización de actividades delictivas mediante el uso de Internet tiene una particular incidencia y trascendencia en el caso de la pornografía infantil, así como en la propagación de ideas xenófobas y racistas y en la vulneración de la propiedad intelectual, conductas que, desgraciadamente, no se comprueba que disminuyan“. El proselitismo y difusión de ideas racistas y xenófobas ponen en duda y socavan “los valores democráticos en los que se asienta nuestra sociedad, haciendo de Internet un instrumento de retroceso social” (Fonte).

Os gobernos e as empresas téñenlle posto o ollo enriba a internet, o mais exitoso proxecto de colaboración cidadá da historia da humanidade e unha poderosa ferramenta de educación e difusión da cultura. ¿Por qué algo habería de ser gratis se eles o poden cobrar? ¿Por qué habería de ser libre se eles o poden controlar?

Fai puoco o presidente de Telefónica anunciou que as operadoras deberían cobrar a Google unha tasa, o que ven sendo como que Autopistas do Atlántico cobre ao Corte Inglés unha mordida polos clientes que viaxan de Pontevedra a Vigo a facer as súas compras. E o ministro de industria lle da a razón. Paga a pena escoitar os desatinos de Alierta, o amigo do alleo, para a súa futura inclusión na historia universal do latrocinio. “La inteligencia está en la red, y las redes son nuestras“.

La calle es suya:

« Older entries