Hai outros mundos, pero están neste


Cóntame un perplexo director dun instituto cercano que no último claustro para analizar os resultados académicos do primeiro trimestre (resultados por outra banda, e con escasas excepcións, desastrosos) se empregaron pouco mais de cinco minutos, seguidos de algunha intervención solitaria. Nesa mesma reunión un debate posterior centrado na necesidade ou non de abrir unha cafetería no centro consumiu tres cuartos de hora, con abundantes e variadas intervencións. Ese mesmo parecer exténdese aos pais e aos alumnos do centro, que tamén consideran prioritario o asunto da cafetería, pero non perciben como problema unha elevada tasa de suspensos.

Dicia Paul Éluard que “hai outros mundos, pero están neste”. A persoa sentada ao teu lado vive nun universo paralelo, unido ao teu por un delgado fío ao que xenerosamente chamamos comunicación.  Realidades paralelas que apenas se conectan co delgado fío que liga unha plantación de tomates con un porco, por exemplo.

E falando de sobredose de realidade, a realidade única que se pode ignorar pero que non se pode facer desaparecer, non podo deixar de traer aquí este pequeno e só aparentemente absurdo documental que recomendo ver ata o final. Felices festas, e tal…

Documental A ilha das frores, de Jorge Furtado. 1989. Versión orixinal, aquí.

Documental atopado en www.halondisparando.com.

Advertisements

Escola e poder


Na sociedade europea é habitual considerar que o poder está en mans do goberno, e exércese grazas a un determinado número de institucións específicas como a Administración, a policía, o exército e o aparato do Estado. Estas institucións están feitas para transmitir decisións, para que sexan aplicadas e para castigar a quen non as obedeza. Mais creo que o poder político exércese por un determinado número de institucións que aparentemente  non teñen nada en común co poder político, que aparecen como independentes cando en realidade non o son. Esto poderíase aplicar á Universidade e ao conxunto do sistema escolar, que en apariencia está feito para distribuir o saber e en realidade está feito para manter o poder dunha determinada clase social e excluir dos instrumentos de poder a calquera outra clase social.

Foucault, minuto 2:15.

Foucault vs. Chomsky, 1971

« Older entries