El lobito está cobrando, los borreguitos pagando


O programa radiofónico El Larguero é líder de audiencia da radio deportiva española. Leva 21 anos en antena, e está presentado por José Luis Ramón de la Morena.

É case imposible atopar un só español que non coñeza a sintonía de inicio do programa, se ben a maioría descoñece que se trata dunha canción do cantautor sevillano Benito Moreno editada en 1976, e titulada Ra, ra, ra. Xusto cando comeza o tema (ás 12 da noite) é cando eu apago a radio, porque, o mesmo que a Benito Moreno, o fútbol aborréceme.

Levo anos oíndo esa melodía e preguntándome cómo pode ser que millóns de afeccionados ao fútbol, tras 21 anos, sigan escoitando sen inmutarse unha sintonía na que, literalmente, se lles chama borregos:

Tu afición es sentimiento
y tiene mucho alimento
dí que tu eres el mejor
hincha tú eres el mejor
escuchando el transistor
ra, ra, ra
el lobito está cobrando
tralala larala lalala
los borreguitos pagando…

O poder narcotizante do deporte de masas, especialmente no caso do fútbol, pode explicar o despiste. É posible que o fútbol (como as ideas políticas) viaxe directamente ás capas profundas do cerebro sen pasar polo neocortex, xerando adhesións inxustificables racionalmente. A escea que supón que un fato de homes feitos e dereitos estean abatidos porque unha asociación de millonarios perda unha pachanga de domingo é un espectáculo certamente curioso. Coma nun mitin político, poden estar chamándote estúpido á cara e tí nin te enteras. Escoitamos o ra, ra, ra do estribillo, pero ignoramos o contido da letra, como quen repite o eslógan da campaña sen prestar atención ao contido do programa, e así durante anos.

Presten atención á letra da canción completa, porque non ten desperdicio. Lembren que introduce diariamente un programa deportivo, de luns a domingo. Abraiante.

Benito Moreno: Ra, ra, ra.
Ligazón alternativa.