Democracia de baixa intensidade


O periódico Egunkaria (o único que se editaba completamente en euskera nese momento) foi pechado en 2003 por orden da Audiencia Nacional por conexión con banda armada.

As protestas dentro e fora de Euskadi, incluso as feitas por organismos internacionais, non serviron para evitar a ruina económica do diario, o encarcelamento dos seus directivos e o despedimento dos traballadores. A recente sentenza (paga a pena lela) da Audiencia Nacional non só absolveu de todos os cargos aos inculpados: revela que o peche non tiña base constitucional algunha, que o informe policial foi deturpado de xeito deliberado, que as traduccións do euskera foron falsificadas para relacionar ao periódico con ETA, que as relacións que se determinaron entre o o diario e a banda terrorista non tiñan ningún peso racional, que a liña editorial de Egunkaria carecía de perfil político algún (se ben a propia sentenza afirma que, de telo, non sería delito), que nin ETA financiaba o periódico nin o periódico a ETA, que os seus directivos non eran nomeados pola banda terrorista, e que a instrución feita polo xuiz Juan del Olmo e as súas decisións foron unha violación do principio de presunción de inocencia e de liberdade de prensa.

Egunkaria era, simplemente, un diario xeneralista editado íntegramente en lingua vasca. Nada mais. Pero os seus directivos foron encarcelados e procesados, o diario clausurado, os seus fondos confiscados, e os seus lectores (mais de 40.000) privados da súa lectura. Todo porque escribir en euskera, para algúns, é sinónimo de ser terrorista: coma sempre, a denuncia partiu de dúas organización de extrema dereita (AVT, DyJ, a fiscalía retirou os cargos), desas que campan as súas anchas polo solar hispano .

Cómpre lembrar as declaracións que se fixeron daquela. En concreto, cómpre lembrar algunhas moi específicas. Cando os directivos de Egunkaría (persoas de idade, de recoñecido prestixio intelectual, algún deles membros da Academia Vasca da Lingua) denunciaron malos tratos e torturas baixo custodia policial (1, 2), o Ministro do Interior, Ángel Acebes, declarou o seguinte:

Lo que han hecho estos presuntos terroristas imputados en un procedimiento por colaboración o pertenencia a ETA en el caso Egunkaria es aplicar el manual de la organización terrorista que contempla denunciar falsas torturas. (26-2-2003, fonte).

Seguindo as regras lóxicas do proceso penal inquisitorio, a defensa convértese en acusación e a autodeclaración de inocencia é un paso mais cara á fogueira. Se o acusado denucia torturas é porque é culpable, e polo tanto a denuncia por malos tratos é falsa. ¿E agora? ¿Unha vez que é declarado inocente pasan a ser certas as denuncias de tortura?

Esa é a nosa democracia de baixa intensidade, o noso aparato de xustiza, os nosos medios de comunicación, os nosos periodistas, a nosa clase política. Eso é o que se lle fai a un inocente. ¿Qué lle farán a un culpable? ¿E cantos inocentes temos no cárcere que non son membros da Academia Vasca?

Goya: Escena da inquisición.

Bonus track 1: máis declaracións dos nosos estúpidos periodistas, trivializando e ríndose dos malos tratos baixo custodia policial, a conta do caso Egunkaria: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9, entre outras. Logo, levaremos as mans á cabeza.

Bonus track 2: véaxe o sumario 18/98, condenando a persoas que levan anos rexeitando a violencia. Ou o entramado e as entrañas. Viaxe ao inferno da xustiza política en España:

Todo es kafkiano, porque no sólo estoy en contra de ETA, sino que tengo un camino antagónico desde hace muchos años, el de la no violencia. (…) En los colectivos antimilitaristas y ecologistas de los que provengo me he ido fraguando en la no violencia como práctica más adecuada para abordar los conflictos si no quieres que impliquen a su vez nuevas injusticias, si pretendes construir algo basado en formas horizontales de relación, respeto y convivencia.

Caíronlle nove anos de cárcere por pertenza a banda armada. ¿Un futuro Egunkaria?