Docencia e provisionalidade


Hai tempo que describimos o procedemento de reparto de asignaturas dentro dun centro escolar (véxase este post). Explicábamos entón que o turno de escolla ten peculiares consecuencias. Por exemplo, que se vostede ten un fillo en 1º da ESO probablemente o seu profesor sexa un interino (a non ser que haxa un mestre adscrito no centro), e se ten un fillo en 2º de Bacharelato probablemente o seu profesor sexa un funcionario con destino definitivo.

A directora dun centro cercano envíame un estudo da provisionalidade no seu instituto. O estudo mostra a distribución da provisionalidade por niveis e ciclos, tanto a nivel académico coma titorial. Segundo o estudo, “defínese como provisionalidade a relación de permanencia que un docente ten co seu centro. Son permanentes todos os docentes en plantilla (os que, en principio, permanecen dun ano para outro) e que non se atopan ausentes por comisión de servizo, liberación sindical ou por calquera outro motivo a longo ou moi longo prazo”. O resto son tidos como provisionais, é dicir, aqueles que en principio non repiten o mesmo centro dun ano para outro.

A tasa de provisionalidade do centro da directora que me brinda as cifras é de 16,13%. Se no centro houbera 100 profesores, 16,13 serían provisionais. Polo tanto, se o reparto de niveis e ciclos fora proporcional, o 83,8% das materias deberían estar impartidas por persoal definitivo. O mesmo debería pasar coa distribución das titorías.

Os datos son ben diferentes. Existe unha discrepancia entre a porcentaxe de provisionalidade do centro e a distribución de materias/profesor e de titorías. Esa discrepancia (en términos de porcentaxe) expresa, se é positiva, cánto traballo de mais (ou de menos, se é negativa) realizan os provisionais en relación cos definitivos. Se o reparto fora proporcional, a discrepancia sería 0%. Pero non é así.

Respecto ao reparto de materias, a discrepancia por niveis resulta ser o seguinte:

1º da ESO. Provisionalidade: 36,54%. Discrepancia: 20,41%
2º da ESO. Provisionalidade: 45,59%. Discrepancia: 29,46%
3º da ESO. Provisionalidade: 16,22%. Discrepancia: 0,09%
4º da ESO. Provisionalidade: 17,53%. Discrepancia: 1,4%
1º de BACH. Provisionalidade: 12,5%. Discrepancia: -3,63%
2º de BACH. Provisionalidade: 16,13%. Discrepancia: 3,87%

Se a discrepancia no reparto de materias é computada por ciclos, resulta mais esclarecedora:

1º ciclo (1º e 2º d ESO). Provisionalidade: 41,76%. Discrepancia: 25,54%
2º ciclo (3º e 4º da ESO). Provisionalidade: 16,96%. Discrepancia: 0,83%
Bacharelato. Provisionalidade: 16,13%. Discrepancia: 0%

Pódese visualizar neste arquivo .pdf (1) a gráfica que representa esa discrepancia.

Por outra banda, se aplicamos a mesma análise á función titorial, os resultados son os seguintes:

1º da ESO. Provisionalidade: 80%. Discrepancia: 63,87%
2º da ESO. Provisionalidade: 40%. Discrepancia: 23,87%
3º da ESO. Provisionalidade: 20%. Discrepancia: 3,87%
4º da ESO. Provisionalidade: 60%. Discrepancia: 43,87%
1º de BACH. Provisionalidade: 0%. Discrepancia: -16,13%
2º de BACH. Provisionalidade: 0%. Discrepancia: -16,13%

Novamente, se a discrepancia no reparto de titorías é computada por ciclos, resulta mais esclarecedora:

1º ciclo (1º e 2º d ESO). Provisionalidade: 60%. Discrepancia: 43,87%
2º ciclo (3º e 4º da ESO). Provisionalidade: 40%. Discrepancia: 23,87%
Bacharelato. Provisionalidade: 0%. Discrepancia: -16,13%

Para visualizar as discrepancias no reparto da función titorial, poden abrir este arquivo .pdf.

Resulta revelador que a cifra da discrepancia nos niveis superiores (-16,13%) coincida, para as titorías, coa cifra de provisionalidade xeral do centro (16,13%). Nese nivel superior, de feito, é no único no que se detecta un reparto equlibrado, cunha discrepancia do 0%. As cifras alarmantes de desequilibrio concéntranse en dous cursos: 1º e 2º da ESO, tanto a fectos académicos coma titoriais. Son os cursos onde se concentran os alumnos mais complicados. Tamén 4º da ESO ten unha tasa de provisionalidade titorial elevada (pois é un final de ciclo). Por último, cómpre sinalar que as discrepancias no 1º ciclo poderían ser ainda maiores de non estar suavizada de xeito natural pola existencia de mestres adscritos (definitivos), que non se poden desprazar, por lei, ata o 2º ciclo.

Dito de outra maneira: se os números están ben tirados, no centro da miña amiga os definitivos fuxen cara os cursos superiores mentres os provisionais vense relegados aos cursos inferiores. Aplicando a lei da oferta e a demanda (articulada mediante as reglas de escolla de materias) resulta evidente que nos primeiros cursos da ESO a oferta supera a demanda (e polo tanto, baixa o prezo), e no Bacharelato ocurre á inversa (e sube o prezo).

Para que logo dubidemos das estrictas leis da economía.

(1) Os números 5 e 6 representan 1º e 2º de Bacharelato.

PD: discrepancia académica xeral do centro: 9,08%. Discrepancia titorial xeral do centro: 25,54%. Nas discrepancias, segundo se me informa, inclúen as reduccións por xefaturas, cargos, etc.

Advertisements