15O: esto debe ser só o principio


Relación actualizada de eventos (a ligazón tarda en cargar, se é que carga): http://map.15october.net/reports

Case mil cidades en 82 países.

Rebelión na granxa


“Os animais de afora miraron do porco ao home, e do home ao porco, e novamente do porco ao home; pero xa era imposible diferenciar quen era quen.”

Orwell, escea final de Rebelión na granxa.

Hoxe os representantes de UGT e CCOO lle advertiron aos seguidores do 15M e de DRY (que hai días especulaban con unha convocatoria de folga xeral) que “somos a representación maioritaria dos traballadores… somos os únicos capaces de ir aos centros de traballo e conseguir que estos paren… as folgas as convocamos nós… “.

O famoso Felip Puig, Misitro Plenipotenciario de Interior en Catalunya, advirte que vai crear una brigada policial anti-antisistema, porque “movilizan a moita xente e difunden informacións falsas”. Refírese ao movemento do 15M, por suposto, e non aos partidos políticos de turno, que en contra do que poidera parecer, non difunden información falsa nen movilizan a moita xente.

No sistema partitocrático actual (deberíamos chamarlle Réxime do 78?) cada quen parece ter o seu sitio, a súa parceliña de poder e privilexio, o seu monopolio tácito. A suposta loita antifranquista (Franco morreu na cama), os servizos prestados na transición (na Transacción?), o reparto político do traballo (ti convocas folgas, ti dispensas ideoloxía averiada cada catro anos), … diferentes xustificacións serven para que nada cambie no control dos resortes financieiros, políticos e sindicais, que permanecen case inalterados dende 1978. Ahí están metidos cuarentóns, cincuentóns, sesentóns e setentóns, encantados de terse coñecido, co pastel repartido en anaquiños históricamente tasados en función da folla de servizos a favor da boa causa da gobernanza.

Cando as cousas viñan ben dadas podíamos permitirnos o luxo de mirar de preto as cousas. A crise económica, política e moral tirounos para atrás, e agora, visto todo de lonxe, xa non hai quen distinga a un home de outro, a un porco de outro. Todos son homes-porco sorprendidos co paso cambiado e o fuciño metido no comedeiro dos desposuídos.

Unha xeración empurra por detrás. Tarde ou temprano gañará, é mera cuestión biolóxica. A pregunta é cantas xeracións perdidas lle vai costar a este país dar un paso cara adiante. Soan tambores de rebelión en Animal Farm.

« Older entries