Wisconsin


Na foto de abaixo pódese ver a un exipciano solidarizándose cos cidadáns de Wisconsin (Estados Unidos), pechados no seu parlamento estatal dende hai días para protestar polos recortes laborais dictados polo gobernador dese estado:

O que comezou con unha manifestación de 18.000 persoas vai camiño de convertirse en insurrección popular. Cando o goberno mandou á policía para desaloxar o edificio, os axentes sumáronse á concentración. O Capitolio de Wisconsin segue ocupado. Qué tempos revoltos nos tocaron vivir.

Fame e revolta


No artigo da Wikipedia en español sobre a revolución francesa de 1789 dise moi claramente que

(…) Hubo un aumento de los gastos del Estado simultáneo a un descenso de la producción agraria de terratenientes y campesinos, lo que produjo una grave escasez de alimentos en los meses precedentes a la Revolución.

Do mesmo xeito xa no cuarto ano da actual recesión económica estase a producir unha silenciosa escalada dos prezos dos alimentos.

Nos países occidentais a porcentaxe de renda familiar adicada á alimentación é mínima. Os gastos correntes (vivenda, electricidade, auga, internet e teléfono, roupa, viaxe e ocio) devoran a maior parte do presuposto familiar. Unha alza nos precios da comida non ten repercusións perceptibles, e pode ser solventada eliminando calquera dos gastos anteriores.

Pero nos países onde a alimentación supón a partida de gasto mais abultada unha variación no prezo pode significar pasar da fartura á fame. O incremento dos precios dos alimentos que ven detectándose dende que comenzou a crise económica explican, como causa próxima, os acontecementos dos países árabes. A opresión política, a falta de liberdade e a corrupción son identificadas como a causa remota da inmediata situación de escaseza, e rematan no estoupido revolucionario árabe. Moi pouca xente se decatou de que as primeiras revoltas árabes non foron as de Tunisia, senon as de El Aaiún, nos últimos meses de 2010, no Sáhara Occidental ocupado, cando ás aforas da cidade foi levantado un campamento de 20.000 jaimas, non tanto como intifada a favor do referendum, senon como protesta pola situación laboral e económica da minoría (e lexítima propietaria do territorio) saharaui. A fame apreta primeiro a quen menos ten. Para que logo diga a ministra Trinidad Jiménez que o caso marroquiano é diferente ao de Exipto. O é, pero só se temos en conta que o Sáhara Occidental non é Marrocos.

Esperemos que, como noutras ocasións da Historia, unha vez que a causa próxima desapareza, as causas remotas persistan no seu funcionamento e den lugar ao cambio social esperado. En Marrocos tamén.

Actualización: xa non teño claro se onde digo próximas debería dicir remotas e viceversa…

Un home alza unha barra de pan durante unha protesta. Fonte, El País.

« Older entries