Fame e revolta


No artigo da Wikipedia en español sobre a revolución francesa de 1789 dise moi claramente que

(…) Hubo un aumento de los gastos del Estado simultáneo a un descenso de la producción agraria de terratenientes y campesinos, lo que produjo una grave escasez de alimentos en los meses precedentes a la Revolución.

Do mesmo xeito xa no cuarto ano da actual recesión económica estase a producir unha silenciosa escalada dos prezos dos alimentos.

Nos países occidentais a porcentaxe de renda familiar adicada á alimentación é mínima. Os gastos correntes (vivenda, electricidade, auga, internet e teléfono, roupa, viaxe e ocio) devoran a maior parte do presuposto familiar. Unha alza nos precios da comida non ten repercusións perceptibles, e pode ser solventada eliminando calquera dos gastos anteriores.

Pero nos países onde a alimentación supón a partida de gasto mais abultada unha variación no prezo pode significar pasar da fartura á fame. O incremento dos precios dos alimentos que ven detectándose dende que comenzou a crise económica explican, como causa próxima, os acontecementos dos países árabes. A opresión política, a falta de liberdade e a corrupción son identificadas como a causa remota da inmediata situación de escaseza, e rematan no estoupido revolucionario árabe. Moi pouca xente se decatou de que as primeiras revoltas árabes non foron as de Tunisia, senon as de El Aaiún, nos últimos meses de 2010, no Sáhara Occidental ocupado, cando ás aforas da cidade foi levantado un campamento de 20.000 jaimas, non tanto como intifada a favor do referendum, senon como protesta pola situación laboral e económica da minoría (e lexítima propietaria do territorio) saharaui. A fame apreta primeiro a quen menos ten. Para que logo diga a ministra Trinidad Jiménez que o caso marroquiano é diferente ao de Exipto. O é, pero só se temos en conta que o Sáhara Occidental non é Marrocos.

Esperemos que, como noutras ocasións da Historia, unha vez que a causa próxima desapareza, as causas remotas persistan no seu funcionamento e den lugar ao cambio social esperado. En Marrocos tamén.

Actualización: xa non teño claro se onde digo próximas debería dicir remotas e viceversa…

Un home alza unha barra de pan durante unha protesta. Fonte, El País.

Advertisements

4 Comentarios

  1. Xuiz e parte said,

    Febreiro 15, 2011 ás 18:45

    Cabería comentar que posiblemente antes da revolta do Sahara, foi a do Irán, que por certo, visto o éxito de Túnez e Exipto, parece que volve de reenganche …

    • iesounonies said,

      Febreiro 15, 2011 ás 20:14

      Eu entendo que non tanto. A revolta iraniana foi post-electoral, e conducida polos partidos da oposición. Esta reedición persa parace efecto da imitación. O que sí parece haber son paralelismos, por exemplo, na importancia dos medios de comunicación de “recepción aberta” (en Irán, a TV por satélite) ou na idade dos manifestantes.

      A non ser que a de Irán fora no seu día un primeiro intento fallido dunha operación de intelixencia a gran escala na rexión. Vaia vostede a saber…

  2. Félix said,

    Febreiro 16, 2011 ás 11:57

    La coyuntura, siempre la coyuntura como condición para la revolución o la guerra civil.

  3. sobreira said,

    Agosto 22, 2011 ás 19:37

    Os de Tunisia citaban a indignación como causa. E aventúrome apensar que da deles ven a hispánica, tamén de reenganche.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: