O tinglado da antiga farsa


En breve será aprobada a lei Sinde. Esa lei permitirá que este blog poda ser pechado, xa que contén ligazóns (como neste post) que facilitan a descarga de películas. É un simple enlace, xa que WordPress non ofrece nin de lonxe a capacidade de aloxar unha película enteira.  Os tribunais españois xa sentenciaron repetidas veces que un enlace non é unha comunicación pública. Ante esa evidencia, a SGAE e outras asociacións de rufiáns (como o Ministerio de Cultura) entenden que non son os xuizes quenes deben decidir sobre esa cuestión, senon unha comisión integrada por eles mesmos. A lei Sinde é, polo tanto, o intento de silenciar pola vía executiva o que o poder xudicial ven protexendo todos estes anos coa lei na man. As ligazóns, o alicerce dun dos maiores inventos da historia da humanidade (internet) acaban de ser ilegalizados de iure.

O peor inimigo do despotismo é a información. Algo que saben moi ben os carceleiros do soldado Manning, os perseguidores do fundador de WikiLeaks, Julian Assange, e a señora Gonález-Sinde. Tras a opacidade informativa, a censura e a defensa dos dereitos de autor e de propiedade intelectual non hai grandes principios morais, senon simples intereses económicos e de poder. Os fachendosamente autoproclamados “creadores” non son unha figura nova: antes chamábanse intelectuais áulicos, ou mais popularmente lameculos.

A mesma historia se repite por todos os lados: tras as revoltas de Tunisia o descontento exténdese hoxe mesmo polo norte da maltratada África e chega a Exipto. A resposta do goberno de Mubarak (que é presidente dende 1981) é cortar o Twitter, censurar internet e bloquear as mensaxes de teléfono móbil. El dí que pretende impedir un ascenso do fundamentalismo islámico ao poder e protexer a Occidente. Calquera persoa ben informada sabe que precisamente cando Occidente mete a man é cando nace unha nova pola do fundamentalismo: Irán, Afganistán, Pakistán e Marruecos, por exemplo. Ou o noso aliado mais fiel, Arabia Saudita, a dictadura islamista mais férrea do planeta.

Hai unha relación siniestra entre a lei Sinde e o que está a pasar en Exipto. Ao rebufo da crise, do terrorismo e de canto faga falla impleméntanse as medidas autoritarias mais disparatadas en razón do supremo ben común, ben común que polo xeral atópase aloxado nos bolsillos de catro mangantes.

Para celebrar a inminente aprobación da lei Sinde, déixolles uns enlaces a unha excelente película ciberpunk: Matrix. Que a disfruten.

Descarga diracta: aquí e aquí.
Visionado directo: aquí e aquí.

Advertisements

Léolo


Léolo é un rapaz que imaxina ser o producto da inseminación dun tomate italiano sobre a súa inmensa nai francocanadiense. Está namorado duna nena italiana coa que non cruza palabra en todo o filme, e lee unha e outra vez o único libro que hai na casa e que sirve para calzar a mesa da cociña: o título do libro é “O val dos asoballados”.

A penosa realidade é que vive rodeado dunha familia proletarizada cuxos membros van caíndo un tras outro no abismo da tolemia. Os seus pais están obsesionados pola defecación. O seu irmán vive escravizado polo medo. As súas irmás están ingresadas nunha institución psiquiátrica. “O meu abó, sen ser un home malo, xa intentara matarme unha vez”.

Léolo loita contra o seu destino (volverse tolo, como o resto da familia) mediante a palabra e a creatividade, contándonos unha historia chea de poesía, música e imáxenes, camiñando sen descanso entre o noxento e o sublime.

Fonte da imaxe.

A película e unha obra de referencia sobre a enfermidade mental e o poder liberador da imaxinación. É difícil de atopar, e a descarga ás veces é decepcionante. Hai dúas posibilidades:

1. descargar a versión doblada ao español, en dúas partes: primeria, segunda.
2. descargar a versión subtitulada en español, nesta ligazón.

A banda sonora, en incontables idiomas ao igual que a película, nunca chegou a ser editada, pero os esforzados internautas recopilaron hai tempo todos os temas, que se poden descargar nesta ligazón.

Poden ver un pequeniño fragmento en youtube, para ir abrindo boca:

A ti la dama, la audaz melancolía, que con grito solitario hiendes mis carnes ofreciéndolas al tedio, tú que atormentas mis noches cuando no sé qué camino de mi vida tomar… te he pagado cien veces mi deuda. De las brasas del ensueño sólo me quedan las cenizas de la mentira que tú misma me habías obligado a oír. Y la blanca plenitud no era como el viejo interludio y sí una morena de finos tobillos que me clavó la pena de un pecho punzante en el que creí, y que no me dejó más que el remordimiento de haber visto nacer la luz sobre mi soledad.

Información relacionada: “Léolo, o el pensamiento psicótico“.
Ligazóns atopadas en vagos.es e en et in arcadia ego.

« Older entries