Pan de almendra


Cando éramos mais xoves, e falábamos sen medida de case calquera cousa, lle dicíamos “pan de almendra”.

Pan de amémdoa é a traducción apresurada dende o alemán do apelido de Benoit Mandelbrot. De familia lituana, nacido en Polonia, educado en Francia e culminada a súa carreira en Estados Unidos, Mandelbrot ensinounos que hai xeitos alternativos de mirar a realidade.

Pan de almendra morreu o pasado 14 de outubro en Cambridge, mentres todos nós facíamos calquera outra cousa. Disfruten do documental. Nulla aesthetica sine mathematica!

Parte 2, 3, 4.

Advertisements

O Universo Coñecido


Xuntando os coñecementos actuais en materia de astronomía os astrofísicos do American Museum of Natural History elaboraron un dos vídeos mais sorprendentes que teña visto en moito tempo: a ubicación do noso mundo no contexto do Universo Coñecido.

Paga a pena velo en HD, ampliándoo nunha pantalla con boa resolución: “cada satélite, lúa, planeta, estrela e galaxia están representados á escala correcta e na súa posición correcta segundo a millor información da que dispoñemos”.

Coma nos vellos mapas, as rexións non exploradas (antes chamadas Terra Incognita) quedan en negro. E, coma nos vellos mapas, a Terra segue sendo o centro do Universo:

Atopado en Microsiervos. Mais información: eiquí e eiquí.

« Older entries