A nova ideoloxía tecnolóxica e a dictadura dixital


Actualización de este artigo: Manifesto de anonymous, domingo 19 de decembro, ás 9:00h.

Legítima defensa:
Nosotros las personas de Internet, nos vemos salvajemente agredidos por los gobiernos dirigidos por las élites económicas, que se han dado cuenta de nuestro poder.
El próximo 21 de diciembre terminará la neutralidad en la red en EEUU. Ya terminó en España hace unas semanas. El Martes aprobarán por la puerta de atrás la Ley Sinde que pretende convertir Internet en una televisión más al servicio del poder.
Anonymous ha decidido comenzar a defendernos. Los partidos políticos son simples marionetas al servicio del poder económico. Ha llegado el momento de recordares la fuente de la legitimad: Las personas
El lunes a las 18:00 horas Anonymous convoca a todos los internautas a entrar libremente en las web
http://www.pp.es (partido desmarcado de la propuesta)
http://www.eaj-pnv.eu/eusk/ (partido desmarcado de la propuesta)
Las web serán colapsadas, de la misma forma que una manifestación legítima podría impedir el libre acceso a sus sedes.
Si las Instituciones continuan atacando a los ciudadanos que deben defender, deben esperar la legítima defensa de las personas contra quien debía ampararles, y sin embargo ordeñan, como si de vacas nos tratáramos.
We do not forgive
We do not forget

Fin da actualización.

Unha das unintended consequences da crise económica vai ser a introducción so software libre nas escolas a través do Proxecto Abalar. Se ben hai que esperar a ver cómo se desenvolve o proxecto (pois en realidade os ordenadores dos cativos van estar capados) polo menos xa é seguro que moitos alumnos e profes van manexar masivamente GNU/Linux (Ubuntu) por primeira vez nas súas vidas. Eso é bo.

O que resulta inquietante é que todo este despliegue vai coincidir coa promulgación da lexislación mais perniciosa que se recorde en materia de censura informativa. O 21 de decembro vai ter lugar a presumible aprobación exprés la lei Sinde, á que habería que chamar mais ben Lei Sindemocracia. A lei Sinde (parcial ou totalmente redactada polo embaixador americano en Madrid) permitirá o peche de páxinas web pola vía administrativa, sen intervención xudicial. Todo un panorama apetecible para Teddy Bautista e os sicarios do monopolio cultureta. O mesmo día, e en Estados Unidos, a neutralidade da rede vai ser, tamén presumiblemente, ferida de morte. Todo apunta a que estamos vivindo a Idade de Ouro de internet, á que seguirá unha era de oscuridade e persecución, se non facemos nada por evitalo.

A introducción das Novas (sic) Tecnoloxías na escola ven acompañada pola pertinente doma e castración da cidadanía, a supresión de dereitos e a instrumentalización mercantil do patrimonio colectivo. Xa amenazara co estado de sitio electrónico un semi-sobrio Alierta, e esa xente non amenaza de balde. Internet, unha ferramente creada para a comunicación e a libre circulación de ideas vai quedar amordazada para colmar a insaciable codicia de cartos duns poucos e para o espallamento da mediocridade obrigatoria: unha nova televisión, en definitiva, e unha ferramenta de dominación e represión (lembremos que o 23 de decembro entra en vigor o novo código penal de Hispanistán, que premia con 3 anos de  cárcel os ataques de denegación de servizo).

Hai que comezar a buscar alternativas. Por aquí tal vez vaian os tiros nun futuro non tan remoto. Permanezan atentos ás súas pantallas. O Gran Irmán vixía. Seguimos en estado de alarma.

Fonte da imaxe: burbuja.info.

Todos os bits deben ser iguais, pero uns deben ser mais iguais que outros


Resulta penoso que o goberno que quere meter ordenadores nas aulas dos alumnos quera tamén rematar coa neutralidade da rede. Cabería pensar se, en realidade, o que quere meter nas aulas a administración non son ordenadores, senon televisores.

Enrique Dans xa mostrou que, en realidade, a clase política española hai tempo que vive no seu propio mundo, mixtura de ignorancia, estupidez e egoísmo. Nihil novus sub sole. O que xa non é admnisible é que unha parte importante da cidadanía ignore a trascendencia dun debate que pon en dúbida dereitos equiparables á libre impresión e circulación de libros, á libre expresión das ideas ou o acceso rápido á información veraz. Circula pola rede un vídeo ilustrativo sobre a neutralidade que paga a pena ver con atención para que todos nós, cidadáns que pretenden ser libres, saibamos qué nos estamos xogando:

Atopado en Planetaki/profesgalegos.

« Older entries