Monumento á prostitución


Revisando fotos de antigas viaxes descubrín esta, tirada en algún punto cuxo nombre non lembro, máis aló da Canda e o Padornelo, seguramente na provincia de Zamora, posiblemente en Puebla de Sanabria. Coincide con unha coñecida parada da liña de buses AutoRes, a que fai o traxecto regular Galicia-Madrid, ao pé da autovía.

A escultura merece entrar por dereito propio no libros sagrado das estatuas singulares. Ainda sendo todo un monumento ao mal gusto, ten a peculiaridade de ser a única estatua do mundo, que eu coñeza, que resulta ser unha homenaxe á prostitución.

O vertedeiro da Historia


Ao disolverse a Unión Soviética, hai agora xusto 20 anos, os ucranianos botaron aos ríos e lagos as estatuas de Lenin e outros líderes comunistas. Mergulladores checos exploraron as augas dos manantiais ucranianos en 2003, tomando estas peculiares imáxenes. A música de fondo é o Himno da Unión Soviética.

« Older entries