Sobre se hai límites na sátira


Navegando pola rede atopeime, sumerxido nos comentarios do blog Sei o que nos figestes unha referencia a unha cancionciña de Tony Lomba e Elio dos Santos  (tamén coñecidos como Los Sudamaricones) titulada Hasmeunamamada. O tema da canción é o abuso sexual de menores nos colexios católicos.

Se escoitan atentamente a canción (poden facelo en streamig aquí, seleccionándoa no reproductor) entenderán o título desta entradiña. Eu recoñezo que cada vez que a escoito méxome coa risa. Pero claro, logo paro a pensar no asunto e éntrame a dúbida: ten límites a sátira? O certo é que ninguén que eu saiba conseguiu mixturar un tema tan desagradable co humor sen que o segundo reste nada ao primeiro. Arte en estado puro, ou qué?

PD: tamén aconsello escoitar España, España, bandera, bandera (mise en scène en La Fábrica de Chocolate de Vigo, aquí). Sen desperdicio.

Advertisements

Macarras da moral


É dificilmente crible o argumentario católico para defenderse dos escándalos provocados polas denuncias de abusos a cativos. Se ben é xeralmente aceptado o dato de que a maioría dos casos de violación e abuso de menores ocorren dentro do ámbito familiar (e con coñecemento e consentemento da nai, por certo) non é menos certo que a propia Igrexa Católica, xunto coas demais denominacións cristianas, resulta conformar unha institución orientada ao silencio, a complicidade e a obediencia que protexe e perpetúa o crimen sollicitationis, a pederastia, a violación estatutaria e outros abusos sobre menores de idade.

Non teño nin idea de se o celibato católico é causa ou consecuencia, ou se os casos son porcentualmente mais ou menos numerosos entre o clero cristián que entre o gremio dos comerciais de papelería. O caso é que a Igrexa Católica opera conforme a unha lóxica e unha moral heterónoma, e ese é un caldo de cultivo do silencio, a complicidade e a impunidade. Unha estructura potencialmente perversa só pode xenerar, tarde ou temprano, efectos perversos. Esa é unha das dimensións do problema.

Outra dimensión é a hipocresía de quenes pontifican sobre a pureza, planifican ás familias alleas e parecen saber todo precisamente de aquelo do que non saben nada. O gremio dos comerciais de papelería non da leccións de nada, pero a Igrexia pretende facelo. O sexo como obsesión, a negación da natureza, a simplificación dos problemas reais, a falta de mecanismos de defensa para enfrentarse ao mundo moderno fan que a Igrexa Católica siga a ser un artefacto obsoleto e contradictorio que mira para outro lado cando se lle piden contas.

Para reflexión post semana santa traemos un documental estremecedor de case 60 minutos: Os Conventos da Vergoña, a historia das Irmás de Magdalena de Irlanda do Norte. Nenas encerradas de por vida, secuestro de cativos, explotación laboral, monxas fóra de todo control.

O último convento da orde pechou en 1996.

Atopado en Gatopardo.

Bonus track:
Joan Manuel Serrat: Macarras de la moral
(escoitar).

Sin prisa pero sin pausa,
como el “calabobos”,
desde la más tierna infancia
preparan el cebo:
“Si no te comes la sopa
te llevará el coco…”
“Los tocamientos impuros
te dejarán ciego…”.

Y te acosan de por vida
azuzando el miedo,
pescando en el río turbio
del pecado y la virtud,
vendiendo gato por liebre
a costa de un credo
que fabrica platos rotos
que acabas pagando tú.

Son la salsa
de la farsa.
El meollo,
del mal rollo.
La mecha
de la sospecha.
La llama
de la jindama.

Son el alma
de la alarma,
del recelo
y del canguelo.
Los chulapos
del gazapo.

Los macarras
de la moral.

Anunciando apocalipsis
van de salvadores
y si les dejas te pierdes
infaliblemente.
Manipulan nuestros sueños
y nuestros temores,
sabedores de que el miedo
nunca es inocente.

Hay que seguirlas a ciegas
y serles devoto.
Creerles a pies juntillas
y darles la razón
que: “El que no se quede quieto
no sale en la foto…”
“Quien se sale del rebaño,
destierro y excomunión”.

Sin prisa pero sin pausa,
esos carcamales
organizan sus cruzadas
contra el hombre libre
más o menos responsable
de todos los males
porque piensan por su cuenta.
Sueñan y lo dicen.

Si no fueran tan temibles
nos darían risa.
Si no fueran tan dañinos
nos darían lástima.
Porque como los fantasmas,
sin pausa y sin prisa,
no son nada si les quitas
la sábana.