Redargución


Observe atentamente o lector (ou lectora) estas dúas fotografías:

This slideshow requires JavaScript.

Nunha delas vemos a unha persoa de sexo femenino cuberta por un velo, asoballada, sen que ela mesma se dea conta, polo machismo dunha sociedade patriarcal, teocrática e conservadora; sería intolerable que estivera así nun centro educativo, e non permitiría que os meus fillos se lle acercasen, pois podería transmitirlle a súa perniciosa ideoloxía fundamentalista. Na outra vemos a unha persoa do sexo femenino cuberta por un velo, mostrando un fraxil e inocente sorriso; é unha persoa coa que non me importaría que se eduacaran os meus fillos, pois con ela aprenderían os valores humanos mais profundos, a tolerancia e o amor.

¿Cál é unha e cál é a outra?

Advertisements

7 Comentarios

  1. iesounonies said,

    Abril 21, 2010 ás 01:15

    Unha pista.

  2. Couselo said,

    Abril 21, 2010 ás 02:11

    Eu sinto que a pequecha é a de fráxil e inocente sorriso, coa que aínda podemos aprender moitos valores.
    Pero iso é o que sinto, só coñecéndoas o sabería con certeza.
    Por outra banda, sería a miña opinión que non ten porque coincidir coa dos demais.

  3. comotedigo said,

    Abril 21, 2010 ás 02:18

    Aínda que parece que todas as características cadran con calquera das dúas imaxes, decididamente concluo que a primeira descrpción corresponde á muller de negro, polo da ideoloxía fundamentalista. A outra non é máis ca unha nena cun pano na cabneza; pode que o leve por motivos relixiosos ou estéticos, pode que sexa simplemente unha moda, que teña frío nas orellas ou que seus pais sexan musulmáns, o que non tería por que implicar que ela fose compartir esa crenza; a señora de negro sí fai exhibición pública dunha ideoloxía relixiosa, porque non só leva un velo senón un uniforme, o hábito, e unha insignia, unha cruz; ademais é adulta e, polo tanto, máis capaz de facer apoloxía das súas creenzas que a rapaza do velo branco (presupoñendo que esta tamén levase o velo por fundamentalismo relixioso). Así que como perigosa para o meu fillo, paréceme perigosa esta última. Curiosamente, a estas señoras de velo negro non só non se lles prohibe a entrada aos centros educativos, senón que se subvenciona a súa presenza.

  4. Abril 21, 2010 ás 02:33

    • comotedigo said,

      Abril 21, 2010 ás 23:42

      tal cual. éche así; discriminámoste, prohibíndiche a tí, e non aos demais, que leves a vestimenta que queiras…e aínda por riba, tes que nos escoitar dicirche que é para que non esteas discriminada.
      Magnífico, o corto.

  5. iesounonies said,

    Abril 22, 2010 ás 21:48

    Don Camilo (o cura) dille a Peppone (o ateo comunista) que xa que é ateo, podería facerse budista, que é unha relixión sen deus. E o político respóndelle que ni falar, que se non cré na única relixión verdadeira, moito menos vai crer noutra falsa.

    A nosa sociedade é atea, pero só é atea da única relixión verdadeira.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Don_Camilo

  6. Xullo 14, 2010 ás 01:37

    […] Relacionada: Redargución. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: