Concurso: os onacirema


O antropólogo Horace Mitchell Miner conviviu longo tempo coa tribu dos onacirema, e recolleu os costumes, ritos e crenzas desa ancestral comunidade nun libro titulado “Body Ritual among the Nacirema“.

O relato das súas vivencias cos onacirema constitúe aínda hoxe un fito na historia da antropoloxía polo seu enfoque observacional (coñecido como self-distancing) e as súas irónicas aportacións á comprensión da cultura e a sociedade.

Ás veces pregúntome cómo describiría Horace Miner o funcionamento dos nosos centros escolares e, sobretodo, dos nosos claustros… Vaia vostede a saber. Estou seguro de que os métodos antropolóxicos de observación aplicados á intensa vida escolar (especialmente o self-distancing, e especialmente no caso dos adultos) haberían de ser sumamente útiles para millorar a excelencia laboral e o bo humor.

Por agora, penduro neste blog un fragmento da obra de Horace, e plantexo unha pregunta-concurso para xente lista: tras a lectura atenta do seguinte fragmento, ¿ónde situaría vostede xeográficamente a tribu dos onacirema? As respostas, nos comentarios.

La creencia fundamental que subyace a todo sistema parece ser que el cuerpo humano es feo y que su tendencia natural es hacia el debilitamiento y la enfermedad. Encarcelado en este cuerpo, la única esperanza del hombre es poder apartarse de éstas características mediante el uso de las poderosas influencias del ritual y la ceremonia. Cada hogar tiene uno o más altares dedicados a este fin (…). el lugar central del altar lo ocupa una caja o cofre construido en la pared. En este cofre se guardan numerosos amuletos y pociones mágicas sin los que ningún nativo cree poder sobrevivir. Estas preparaciones las elaboran diversos especialistas. Los más poderosos son los curanderos, cuya asistencia debe recompensarse con múltiples regalos. Sin embargo, estos curanderos no proporcionan las pociones curativas a sus clientes, sino que deciden sobre los ingredientes y luego los escriben en una lengua antigua y secreta. Esta escritura la comprenden únicamente los curanderos y los herbolarios, quienes, a cambio de otro regalo proporcionan los amuletos necesarios (…).
Los Onacirema sienten al mismo tiempo un horror casi patológico y una fascinación por la boca, cuya condición se cree que tiene una influencia sobrenatural en todas las relaciones sociales. Si no fuera por todos los rituales de la boca creen que se les caerían los dientes, que sus encías sangrarían, que las mandíbulas se reducirían, que sus amigos les abandonarían y que sus amantes les rechazarían. Creen también que existe una fuerte relación entre las características orales y morales. Por ejemplo, existe una ablución ritual de la boca de los niños que se supone mejora su fibra moral.
El ritual corporal cotidiano general incluye un rito bucal. Además de ser sumamente puntillosos con el cuidado de la boca, este rito conlleva una práctica que resulta repulsiva para el no iniciado. Me contaron que el ritual consiste en insertar una pequeña brocha de pelo en la boca, junto con ciertos polvos mágicos, y en mover la brocha con una serie de gestos formales. (Horace Miner,
Body Ritual among the Nacirema, 1956, pp. 503-4).

Unha pista: a escrita máxica dos onacirema.

5 Comentarios

  1. Couselo said,

    Maio 11, 2010 ás 23:23

    Cando o lin por primeira vez, o ía situando xeográficamente en calquera pais Occidental (polo da boca), pois non vía comportamentos tan diferentes aos nosos; pero, para ser honesta, teño que dicir que o mirei en internet, é o que ten ter tanta información na rede.
    Moi gracioso o Horace ise.
    Como eu xa o sei dou outra pista: hai un grupo de música co nome dese país.

  2. iznogud el infame said,

    Maio 12, 2010 ás 19:25

    Pois, que queres, no 56 é posible que ese comportamento fóse exclusivo dos AMERICANOS, pero, como se dedican principalmente a exportar modos de vida, hoxe en día noita máis xente mete cepillos na boca. E gracias, por que sería moito pior metelos por outros sitios. E mellor será non darlle ideas

  3. que cousas se din... said,

    Maio 13, 2010 ás 01:16

    Tanto entre os oracinema como entre outras tribus, existen curiosos rituais case xeneralizados. Un deles, chamado lamrof noicacude, consiste no seguinte; os nenos da tribu son distribuidos en grupos de 20 ou 30 cando cumplen arredor de 5 anos, e se lles asigna, ben por vecindade ou ben por posición social dos pais, unha institución chamada alocse. dende entón, son recollidos 5 de cada sete días da semana e conducidos a ese lugar, onde un grupo de adultos se encarga do seu coidado e educación. Durante ese tempo, que dura entre 6 e 8 anos, os nenos da tribu fan rápidos progresos. A medida que avanza o tempo, o número de nenos por grupo se incrementa, así como o número de adultos encargados do seu coidado, mentres que se tende a levalos a lugares cada vez máis alonxados da vivenda familiar. A unha determinada idade, que coincide coa pubertade, os adultos encargados do coidado coinciden en que os mozos, que xa levan entre 6 e 8 anos cumplindo co ritual, parecen esquencer, na súa maioría, o que tan rapidamente aprenderan nos anos anteriores; as relacións na institución, que a esta idade chámase SEI, pasan de ser de respecto do neno ao adulto a converterse nunha especie de equilibrio inestable de forzas, na que o coidador debe medirse cos tutelados, intervindo de cando en vez os pais para inclinar a balanza cara un lado ou outro. Posiblemente esta sexa a aprendizaxe máis importante para o seu desenvolvimento na sociedade, pois moitos aprenden técnicas para evadir a autoridade, saltarse as normas, facerse forte no grupo, persuadir aos iguais, etc. parte destas condutas son aprendidas polo método clásico do condicionamento estímulo-resposta, se ben o sistema de castigos e recompensas parece, a priori, bastante aleatorio; por exemplo, se un xoven decide rebelarse contra a autoridade dun adulto e, pongamos por caso, non colaborar nun rito de escritura, pode ocurrir que o adulto en cuestión non o detecte, que o detecte pero non pareza darlle importancia, que se amose ofendido, que manifeste preocupación ou que intente obter a colaboración da familia do xoven para obligarlle a cumplir co devandito ritual. Por outra banda, condutas que en principio se lles prohiben aos membros máis xoves do SIE, como gritar ou insultarse, son reiteradamente postas en práctica por algúns dos adultos responsables da lamrof noicacude, mentres que comportamentos que aos xóvenes lles son esixidos, como a realización de determinados traballos en determinados prazos, non parecen serlle esixidos aos coidadores. Posiblemente deste modo aprenden que a vida é… un frenesí?…e se preparan para ela. Cando rematan ese longo ritual de paso da pubertade á idade adulta (o momento pode variar entre os 16, os 20, o 23 ou máis idade, xeralmente en relación coa posición social que terá nun futuro na tribu) algúns deles son recompensado cun papel asinado por un personaxe de certa importancia na tribu, no que figura escrito o nome do xoven, e que parece ter un alto valor simbólico; ese papel denomínase olutít.

  4. iesounonies said,

    Maio 13, 2010 ás 16:55

    O ritual consiste en que mentres os cativos fan que escoitan os chamáns fan que din algo…

  5. Maio 13, 2010 ás 17:50

    Iso é nun planeta onde se desenvolveu unha civilización tecnoadicta, na que a poboación creu que os artiluxios lle ían facilitar a vida. O estado actual desa civilización é dunha poboación escrava dos artiluxios, do sistema de produción dos mesmos e das consecuencias dese sistema de produción na súa biosfera.
    O fracaso do desenvolvemento tecnolóxico desa civilización foi o apropiamento do mesmo por unha serie de grupos que tomaron o control da investigación, da extracción de recursos e da fabricación dos artiluxios, co fin de acumular poder.
    Podemos considerar fracasada esta civilización, e estamos á espera da descomposición dos sectores causantes do fracaso para poder habitar o planeta con tranquilidade.
    E mesmo con algúns dos artiluxios. Pero nos, os terrícolas, imos utilizar esa tecnoloxía desenvolvida con métodos literalmente caníbales, dun xeito xusto e racional.


Deixa unha resposta a Couselo Cancelar a resposta