Recorte do 9,85%


Estimados profesores:

Se o ano pasado había no seu centro 71 profes e para o vindeiro prevense 64, iso quere dicir que o IES sufriu un recorte de plantilla do 9,85%. Iso é o que extraoficialmente se nos dixo hai uns días. Extraoficialmente, claro, porque oficialmente ninguén di nada: están acojonados coas reclamacións e queixas que van recibir. Un recorte desa entidade supón amontonar alumnos ao máximo da ratio, rematar cos reforzos, os agrupamentos, os desdobres, a atención da biblioteca e posiblemente as gardas. Iso si, simplifica moito os horarios.

O politiquillo de turno dirá algo así como que “el descenso en el número de estudiantes en la educación secundaria y bachillerato llevó consigo una reestructuración del profesorado interino de estos ciclos, que en este momento supone un 1,4% menos que en el curso pasado”. Houbo un aumento da mortalidade infantil en Galicia!

O peor da crise (se é que hai algo peor que esta crise) é vivir gobernado por aficionados. Se hai que recortar (que non o dubido) poderían comezar por eliminar ao noso ocurrente conselleiro-floreiro. Finalmente un barco medio naufragado non necesita capitán. Que transfiran as competencias ao bispado, como xa están facendo en Madrid. Ou á familia Botin (non é broma: falaremos diso nos próximos días).

Permanezan atentos á pantalla e difundan esta información oficiosa aos seus compañeiros de centro (permítome suxerirlles que o fagan enviándolles unha ligazón a este bloguiño).

A boa noticia é que a Consellería xa nos enviou a dotación de material para o ano que ven. Móstrolles a continuación unha foto da mesma. Seguiremos informando.

Deixar un comentario