A cuestión dos seguros da Consellería


A Consellería de Educación ten contratado un seguro para os casos de roubos nos centros.

Se tramitas todo o papeleo, denuncia incluída, e trasladas todo o procedemento á Consellería te decatas co tempo dun pequeno detalle: o seguro págalle á Consellería pero a Consellería non lle paga ao centro. Moi amablemente explican dende a Consellería que a compensación para o centro é en especie (é dicir, en dotación de material). Claro que de material que eles deciden, non de material equivalente ao sustraído. E ese material que compensa o roubado non é específico, senon que vai metido no material habitual, de xeito que non se pode saber qué material é o que compensa o roubado e qué material o terían enviado incluso sen ter habido nengún roubo. Así, por exemplo, a ventá rota a paga o centro, a pechadura esnaquizada a paga o centro, o teclado sustraído o paga o centro. A compensación do seguro pérdese polos labirintos das contas públicas.

Nos centros onde os roubos son habituais (nos rurais de pouca antigüidade, deduzco, que son os que están alonxados dos centros das vilas, onde o solo era máis barato no momento de se construiren) esta situación resulta penosa, porque o montante dos roubos pode ascender a varios miles de euros anuais que nunca se recuperan. Non sei se sempre é así ou se ocorre noutros centros, pero no meu dende hai tempo eso é o que pasa.

Resultado: no meu centro os roubos non se comunican nen se denuncian. Aforras tempo, papeleo e preocupacións (por cada roubo hai que reunir teléfonos de testigos, atestados policiais, números de serie, datas de adquisición de aparellos, modelos e mil cousas máis). Seguimos os consellos da Inciclopedia.

Lei do mínimo esforzo: explicación gráfica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: