O discreto encanto da melasudina


Ímos camiño dos seis millóns de parados e estamos a escasa distancia do 25% de taxa de desemprego. Temos un sistema político esmendrellado, no que xa non importa que os nosos capitostes sexan ou non honrados. Carecemos, como sociedade, dun consenso real en torno cuestións básicas, como a saúde, a educación ou a función pública. A honradez ou o ben común son palabras soamente altisonantes, pero non valores interiorizados que guíen a conduta da maioría. Non temos un modelo económico que garantice un futuro mínimamente próspero para a maioría da poboación.

Ao carecer de programa político (e digo ‘programa’ no sentido dun plan, unha dirección común que supoña un obxectivo para a sociedade, e digo ‘político’  no seu sentido máis noble, o da organización das cousas comúns) cada quen vai nunha dirección, normalmente na dirección que lle interesa de xeito particular e individual.

É por eso que as decisións no novo goberno non ofrecen nada que facer. Soamente ofrecen algo do que falar (no bar, supoño): a enésima reforma do sistema educativo (sistema? educativo?), a reforma da lei do aborto (paternalista), a instauración da cadea perpetua (medida que ela soa xa xustificaría un asalto ao Parlamento).

E como non hai nada que facer, salvo esperar (a que cambie o vento, a que calme a tormenta, a que todo mellore porque xa non poda empeorar máis) os individuos, os compoñentes do decadente tecido social, os cidadáns, atibórranse de grandes cantidades de melasudina e herba do relax do Tibet.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: