Kazimiera Mika


Para entender este post deben vostedes lembrar outro anterior (Historia dunha fotografía), no que contábamos a historia (ou suposta historia) da fotografía de Kazimiera Mika, a rapaza que, durante a invasión de Polonia por parte de Alemaña, choraba a morte da súa irmá.

A foto era esta:

Por casualidade hai uns días atopei o documental completo (SiegeAsedio– 1939) que o periodista norteamericano Julien Bryen (autor da fotografía) rodou durante a invasión nazi de Polonia. EE.UU. aínda non estaba en guerra con Alemaña, e os acontecementos en 1939 non se precipitaran tanto como para que o aos militares alemáns lles perturbara a presencia de periodistas estranxeiros nun conflicto ”local” que, nese momento, xustíficábase dende o nazismo con simples argumentos étnicos (pois a invasión de Polonia presentábase á opinión pública como un intento de defender a minoría alemana das supostas agresións polacas). De feito, e por contextualizar o documental, non hai que esquecer que poucos días despois da entrada das tropas alemanas en territorio polaco, os soviéticos (futuros enemigos do IIIº Reich) tomaban en acordo con Hitler a outra metade de Polonia, unha circunstancia que ás veces é ignorada e que explica moitos sucesos posteriores.

Pois ben. Nese documental aparece unha secuencia desa mesma escena. Ata o momento descoñecía que existiran imaxes en movemento do suceso, o que no seu día non atopei en foro ou reseña algunha. Dado que a fotografía a coñezo dende hai moitos anos, o descubrimento accidental da película é para min como atopar un morto que voltara de repente á vida.

Son uns escasos segundos, pero dado que é unha montaxe documental non descarto que exista unha metraxe máis longa de toda a secuencia e algún día a podamos ollar completa. Dado que Bryen non podía sacar fotos e tomar imaxes ao mesmo tempo, supoño que era o seu camarógrafo quen sostiña a cámara (de feito, o propio Bryan sae no documental en varias ocasións).

A breve secuencia a poden atopar no minuto 9:39. O resto do documental (rodado case milagrosamente ao mesmo tempo dende a retaguardia polaca e dende a zona ocupada) é pouco agradable, pero recomentable para quen guste do xénero documental.

Julien Bryan, Siege (1939), 9:39.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: