1945 lost german girl


En 1945 as tropas aliadas entraron na Checoslovaquia ocupada polo exército alemán. Tendo clara a derrota definitiva do III Reich, o exército ocupante bateuse en retirada. Os alemáns que caíron prisioneiros dos partisanos foron golpeados e fusilados. Os checos de etnia e fala alemana foron cazados, torturados e en moitos casos executados, e as mulleres de 15 a 80 anos foron violadas [a violación foi un arma de guerra tan extendida que afectou incluso a prisioneiras xudeas recén liberadas dos campos de concentración]. Finalmente, toda a poboación alemana de Chequia que sobreviviu ás primeiras semanas de liberación, tanto a ocupante como a nativa, foi deportada cara ao que quedaba dunha Alemaña en ruinas.

Comenzou así a postguerra europea, caracterizada pola crueldade, o revanchismo e a vinganza: unha historia de centenares de miles de víctimas, inocentes e culpables, que se viron arrastradas a un drama de expulsión, tortura, violación e morte. Todo foi convenientemente esquecido polos vencedores, e podendo ser comprensible como resposta ás atrocidades alemanas no leste europeo, nin é xustificable nin debe ser obxecto de esquecemento.

Un camarógrafo militar estadounidense amateur estivo preto dunha zona de liberación. A secuencia completa das imaxes que recolleu, das escasas que se conservan en cor e nunca editadas, son dunha triste dureza. Nelas aparecen soldados alemáns, primeiro triunfantes cara a rendición, e logo executados ou severamente golpeados.

Chama a atención, cara o final da filmación, a aparición, camiñando pola estrada, dunha muller anónima, seguramente de etnia alemana, posiblemente pertencente ás forzas ocupantes, incluso tal vez membro das SS. A muller mostra a faciana golpeada e o xesto descomposto e deseperado, o que fai pensar que tal vez foi vítima da consabida violación de guerra. Suxeita na súa mán un feixe de billetes e tal vez unha identificación militar. É coñecida en internet como “the lost german girl“, a moza alemana perdida.

A súa identidade segue sendo un misterio. O que non quita que un longo fío nun foro sobre a Segunda Guerra Mundial trate de atopar, mediante a colaboración de internautas de todo o mundo, e dende hai xa tres anos, a resposta á pregunta de quén é esa muller. Se ten a paciencia de ler o fío completo, poderá saber qué leva na man esa muller, qué tipo de pantalóns viste, en qué punto quilométrico e en qué estrada está a rapaza, quen foi o camarógrafo e qué facía nese lugar, entre un montón máis de curiosidades sobre a IIGM, convenientemente diseccionadas con todo tipo de técnicas de análise e contrastación de fontes. Todo un exemplo de cultura colaborativa e investigación intensa.

1945 lost german girl

Advertisements

1 comentario

  1. sobreira said,

    Decembro 13, 2011 ás 00:58

    A cultura do medo a Alemaña segue moi viva máis ó norte cos curmáns dos checos (a famosa novela do bravo soldado Szweik reflicte eses estereotipos entre eles, de amor-odio fronteirizo), en Polonia. Trala caída do comunismo e coa invasión empresarial alemá nos territorios suabos de falas xermánicas ou híbridas e na (Alta) Silesia (a polaca) e toda a fronteira ata o Báltico, xurdiu o temor ás reclamacións territoriais e de propiedades por parte dos antigos donos alemáns. Aínda que a relación gobernamental é colaborativa por parte dos dous estados, e ós dous lles vai suficientemente ben economicamente (Polonia aínda non tivo nin un só trimestre de recesión ata o de agora, segue crecendo a un 4%), e a pesares do trauma de vergonza e silencio que seguen tendo os xermanos máis vellos, acabaron reconquistando o oeste polaco pola vía dos cartos: os empobrecidos campesiños eslavos venderon mansións que os teutóns mercaban como segunda vivenda ou para facer hoteis, os empresarios instaláronse para volver ter como subalternos a uns polacos con menores nóminas pero con moi alta preparación (a pesares do desastre económico e industrial do comunismo) e os alemáns da fronteira van ó medico nas antigas repúblicas comunistas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: