600.000


Brevísimas observacións sobre os pasados comicios:

1. No ano 2008 o PP colleitou 10.200.000 votos para conseguir 154 diputados. Nas pasadas eleccións, 10.800.000 para acadar 186 (con preto de 600.000 votos conseguiu 32 escanos máis). É dicir, que a súa base social é prácticamente a mesma que cando perderon por goleada en 2011. En concreto, menos dun terzo do electorado (35.000.000 de posibles votantes). Supoño que en Génova estarán facéndose as preguntas oportunas.

2. Os votos nulos do ano 2008 foron 165.576 (0,64%). Este ano foron 317.886 (1,29%). Resulta sorprendente o incremento, que só se explica, na miña opinión, pola intensa campaña en internet a favor do voto nulo.

3. A abstención consolídase como a segunda forza política, pasando de 9.100.000 (2008) a 9.700.000 (2011). E eso tendo en conta que en 2011 houbo 500.000 electores menos.

4. O voto en branco non acaba de se corporeizar como forza política: pasa de 286.182 (1,11%) a 333.095 (1.37%).

5. O PSOE pasou de 11.000.000 de votos a algo menos de 7.000.000. O que non se reflexionou no seu día foi que o PSOE tiña apenas o apoio dun terzo dos electores totais.

6. Á vista de todo o anterior, cabe dicir que a natureza do noso sistema político é, esencialmente, frustrante.

Fontes: 2008, 2011.

Advertisements

1 comentario

  1. sobreira said,

    Decembro 3, 2011 ás 05:47

    Respecto ó voto en branco.
    O programa da formación “Escanos en branco” (Eb), fundamentalmente catalana, con 97706 votos en 2011, ten un único punto: “no tomar posesión de los cargos a los que se presentan” segundo se afirma en http://es.wikipedia.org/wiki/Elecciones_generales_de_Espa%C3%B1a_de_2011#Partidos_sin_representaci.C3.B3n_parlamentaria
    Non lles vexo votantes en 2008, pois se formaron en 2010. O seu maior logro foron tres concellerías en branco nas municipais en Cataluña:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Esca%C3%B1os_en_Blanco#Elecciones_municipales_de_Espa.C3.B1a_de_2011


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: