TDAH


El diagnóstico de millones de niños con TDAH, a fin de medicarlos con estimulantes y otras sustancias psicoactivas es una tragedia americana, y en su extensión, puede convertirse en una catástrofe mundial. Nunca antes en la historia de una sociedad se ha enfrentado el problema de unos niños con drogas y al mismo tiempo se dejan de cumplir con las necesidades propias del hogar, la escuela y la sociedad. El científico ético o el médico, el padre preocupado o el maestro, ya pueden sentirse tristes y atónitos, porque hemos permitido que los intereses de poderosos grupos de presión puedan anular por completo los intereses de nuestros hijos. Fonte.

Non hai nada de sorprendente no artigo anterior, enviado por un compañeiro (grazas, C.) á miña conta de correo, e que recomendo ler enteiro. De espeluznante si, máis non de sorprendente. Antonio Escohotado, xunto con outros destacados humanistas, o teñen explicado por activa e por pasiva. O control da conciencia non só pasa por facer tragar televisión e propaganda ao rebaño desconcertado, ou por evitar que as ovellas se intoxiquen co que libremente decidan. Tamén pasa por tragar, de xeito voluntario ou prescriptivo, esta ou aquela merda perfectamente homologada polo Estado para consumar a doma e castración do cidadán.

Non é nada novo. Agora é, simplemente, máis sofisticado, como corresponde a unha civilización no espledor do seu apoxeo como é a nosa.

Advertisements

3 Comentarios

  1. Novembro 6, 2011 ás 15:07

    As cuestións do TDAH e da medicación de nenos son demasiado serias e complexas como para tratalas desde unha soa perspectiva. O doutor Peter Breggin ten razón ao denunciar moitas barbaridades que se fan nos Estados Unidos, e que se adoptan acriticamente en Europa, como “modas” terapéuticas. Hai “sobrediagnóstico” de problemas psiquiátricos e “sobreprescrición” de psicofármacos. Pero non se pode negar que existen as enfermidades (ou trastornos) mentais, e que moitos fármacos milloran sensiblemente a calidade de vida dos pacientes, e nalgúns casos salvan a vida de potenciais suicidas.

    Sobre a existencia ou non do TDAH non podo pronunciarme por falta de base científica, pero do que vin nas aulas si que me chamou poderosamente a atención un feito: algúns especialistas medican SISTEMATICAMENTE aos nenos desde a primeira consulta, partindo so dun informe “psicopedagóxico” estandarizado que remite a escola… :-(

  2. iesounonies said,

    Novembro 6, 2011 ás 21:25

    Non me parece normal que a metade dun grupo de 2º da ESO estea medicado con Concerta. Non comprendo esta vaga de enfermidades mentais en persoas que non están desenvolvidas. Simplemente non o comprando.

  3. Novembro 7, 2011 ás 20:49

    Se a metade dun grupo de 2º da ESO está medicado con Concerta, a que está enferma é a sociedade que os medica, e meto no saco a pais, profesores, médicos, políticos, etcétera.

    Podo conceder que un 5% dos rapaces precisen algunha axuda social, psicoterapéutica, ou incluso, ocasionalmente, farmacolóxica, pero non o 50%… :-(


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: