Seguimos sen rumbo e seguiremos sen rumbo


Fai tempo que non falamos da nosa asignatura favorita, a economía española.

As últimas noticias refírense á enésima cumbre europea a as consecuencias dos acordos acadados. Se a quita do 50% da débeda grega xa é un dato espectacular de seu, non o é menos a devaluación da débeda española (un 2%) e as novas condicións para os banquiños patrios, que deben recapitalizarse en 26.000 millóns de euros, para empezar. Decíamos hai unhas semanas que xa vai sendo tempo de que os socios europeos comencen a temer polos balances bancarios españoles. O momento xa chegou e os nosos financieros andan cabreadísimos. Lenbran que o Santander puxera a venda toda a súa carteira inmobiliaria? Pois ben, non foi quen de colocala, porque lle pedían un desconto do 60% do valor. Agora o Santander deberá aumentar a provisión para cubrir perdas, ao que se suma a cuantía da recapitalización ordeada por Bruxelas.

O nó gordiano de todo o problema (os costes inmobiliarios que devoran a renta dispoñible dos españois) segue sen romperse. Segue sen recoñecerse que 8 millóns de españois, a día de hoxe, perderon o 50% do seu patrimonio, e máis que perderán. Soamente a cobardía, a paletería e a testarudez explican que o mercado inmobiliario hispano aínda non sufrira o seu merecido descalabro, descalabro que, canto máis se demore, máis destruído deixará o tecido productivo español e a economía dos seus habitantes. Este venres coñecimos a cifra de desempregados segundo a EPA: xa estamos nos 5 millóns. Máis de un millón non cobra ningunha prestación. O consumo das familias está paralizado. ¿A conto de qué os precios da vivenda española seguen a ser os máis altos de Europa?

Segundo sabemos polos mentideiros, a ministra Salgado da por segura a catástrofe: a recapitalización bancaria española non precisa de 26.000 millóns, senon de 50.000. E da por descontado que teremos que pedir axuda ao FMI (ela non, seguramente Montoro, o futuro ministro de Rajoy). O goberno entrante (que tardará en aterrizar varios meses) ten por diante unha tarefa complicadísima, e eu non descartaría un estallido social (porque neste país cainita á dereita non se lle perdoa o que si se lle perdoa á esquerda).

A banca española está quebrada, o Estado non ten cartos para salvala, e probablemente a administración mesma terá que ser reformada polo novo goberno na vindeira legislatura. Van ser uns anos movidiños.

Advertisements

1 comentario

  1. sobreira said,

    Decembro 3, 2011 ás 05:04

    Se é certo que “hoy en día lo máximo que se puede cotizar es por una base de 3230 euros/mes”? (comentario 6 de http://www.elconfidencial.com/espana/2011/12/02/el-gobierno-duda-de-que-la-seguridad-social-pueda-cerrar-el-ano-con-superavit-88727/ ), é que non hai perdón para un goberno idiota que se deixa vapulear pola crise… E logo as empresas de moitos empregados non pagan impostos de sociedade por ser “de interese social”? A quen pretendemos enganar?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: