Ich habe genug


En entrada pasadas comentamos a historia dunha tan descoñecida como fermosa melodía de Bach, e que serve de material para polo menos unha sonata para violín, dúas cantatas e unha paixón.

A cantata Ich habe genug (“Teño dabondo”), BWV 82, inspírase na pasaxe envanxélica na que a familia de Xesús presenta ao primoxénito no templo e un vello chamado Simeón o recoñece como salvador do mundo, e exclama “agora podes deixar, Señor, que o teu servo parta deste mundo en paz”.

A grandeza de Bach está avalada polo feito de que non é preciso ser crente para comprender a mensaxe de aceptación e ledicia misturadas que transmite a obra. A serenidade das cordas e o baixo contínuo (un dispositivo certamente modesto para o efecto logrado) está apoiado por un oboe que parece inserir a nota de alegría que sublima a idea de mortalidade do texto cantado. Paga a pena concentrarse, precisamente, no acompañamento para oboe, que semella encher toda a peza como un fermoso aletear.

Rebuscando pola rede pódense atopar versións de calidade diversa. A que escollo procede dunha para min descoñecida orquesta barroca finesa, e chama a atención pola perfección da interpretación e porque a sección de corda toca de pe, contrariamente ao habitual nestes casos. O intérprete de oboe mostra unha inusual maestría tocando o instrumento, un dos mais difíciles da familia do vento madeira.

Que o disfruten:

Advertisements

3 Comentarios

  1. sobreira said,

    Setembro 12, 2011 ás 22:54

    merci

  2. iesounonies said,

    Setembro 13, 2011 ás 01:02

    pas de quoi

  3. sobreira said,

    Outubro 5, 2011 ás 15:08

    Por certo, decátome agora do significado da traduccion, en consonancia con outros temas…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: