Un axitado comezo de curso


Dous españois camiñan polo deserto e atopan unha lámpara marabilosa. Un deles a frota e sae un xenio, que lle dí:
– Concédote un desexo, pero tes que saber que o que me pidas llo concederei duplicado ao teu compañeiro
– Pois entón desexo que me saques un ollo.

O curso vindeiro amenaza con ser especialmente conflitivo. Aos recortes de persoal de educación e á rebaixa salarial do ano pasado parece sumarse agora unha campaña xeralizada de desprestixio do funcionariado, centrada no profesorado de primaria e secundaria, pero extensible aos restantes departamentos da administración estatal e autonómica.

A explicación é ben sinxela. Cando os cartos fluían en abundancia, fai cinco ou seis anos, o soldo de funcionario non era gran cousa. E falo dos postos de escala básica, eses que cobran 900 euriños para chegar xustos a fin de mes. Se ben a estabilidade será sempre un gran incentivo do corpo de funcionarios, é certo tamén que na maioría dos casos o soldo non é gran cousa. Agora que a crise económica impide negocios de enriquecimento rápido (especialmente os relacionados coa inversión inmobiliaria) o posto de funcionario é visto con recelo e envexa e sobretodo como causa da crise, ao supoñer (ou eso se dí) unha carga demasiado grande para as arcas públicas. Se a eso sumamos os privilexios reais ou imaxinarios do posto vitalicio e en xeral a mala fama do corpo docente (propiciada polo escaso valor que se da á educación no noso querido país, así como polo comportamento dunha parte da propia clase docente, minoría por certo) temos o caldo de cultivo dunha posición colectiva contra o ensino público (ollo, o concertado e privado non entra nese lote).

Lembren o episodio da militarización dos controladores aéreos. Unha corrente de opinión contra os profesores facilita ás autoridades a toma de medidas traumáticas. De xeito que creo que non me equivoco se afirmo que nun futuro inmediato haberá un novo recorte salarial e un endurecemento das condicións laborais, recorte e endurecemento que serán permanentes ou de longa duración. A reacción dos profesores (e do funcionariado en xeral) é imprevisible, pero inclínome a pensar que non pasará absolutamente nada. Lembren tamén que os españois levan unha década empobrecéndose baixo a apariencia do enriquecimento ficticio, que somos un territorio de tradición cainita e que España, diga o que diga o tópico, é un país eminentemente represivo e conservador (amais de feo, católico e sentimental). Se a eso lle suman que as peores consecuencias da crise aínda están por chegar, o panorama é certamente desalentador.

Boas noites e boa sorte a todos.

Goya e a súa visión de Hispanistán

Advertisements

5 Comentarios

  1. sobreira said,

    Setembro 11, 2011 ás 07:04

    Tamén está caíndo noutras comunidades: http://esodelaeso.blogspot.com/2011/09/ayer-tras-enterarme-gracias-las.html?spref=tw


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: