Fase de negación


Fai uns minutos que Obama falou para os seus concidadáns e para o resto do mundo. Fíxoo a consecuencia do desplome bursátil mundial de hoxe, tras a perda da calificación AAA da débeda norteamericana. “Estados unidos será sempre unha triple A“. Estamos, polo tanto, en fase de negación, que é, por certo, a primeira: lle seguen a ira, a depresión, a negociación e a aceptación.

É imposible saber a estas alturas cara onde nos están levando os ludópatas do mundo financiero, pero da a impresión de que parte da orde que coñecimos vaise caíndo pouco a pouco. Un aviso importante é a subida permanente do ouro como valor refuxio dende hai anos, de xeito constante e sen retroceso algún. Non é unha boa noticia para ninguén, posto que eso indica unha perda de confianza paulatina pero constante na moneda fiduiciaria, un invento xeneralizado polo presidente Nixon, algo que xa case ninguén lembra.

Como marcho de vacacións por uns días non poderei darlles en primicia a noticia da fin do mundo. De xeito que, se lles parece, poden ir deixando as últimas novas no meu correo.

Advertisements

1 comentario

  1. Agosto 9, 2011 ás 12:11

    […] complemento ao post de onte, esta perla cultivadano capitalismo contemporáneo: Periodista: Son aínda os bonos americanos algo […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: