As mutacións da crise dende agosto de 2007


Hoxe a débeda norteamericana vale menos que onte, por pirmeira vez na historia.

Facendo memoria: a actual crise económica comenzou en agosto de 2007, cando a bolsa podre de hipotecas subprime estadounidense deu a primeira sorpresa nos mercados financieiros. A partires de ahí un inmenso océano de débedas impagables inundou a economía dos países occidentais e se produciron as primeiras quebras bancarias.

No ano seguinte a crise hipotecaria estadounidense trasladouse á banca europea: foi cando comenzou a crise de liquidez de 2008. Nesta fase os bancos centrais de Estados Unidos, Europa, Canadá, Reino Unido e Xapón inxectaron liquidez ao sistema bancario en cantidades astronómicas. As consecuencias máis ou menos directas foron o recorte da financiación da economía productiva. Dese xeito en 2009 a crise financiera xa estaba trasladada á economía real, en forma de peche de empresas e crecemento do paro (o que vivimos dramáticamente en España).

Para cando a crise de liquidez, logo crise económica, se transformou nunha crise monetaria do euro e de déficit (en 2010) a solución adoptada polos nosos gobernantes parece clara: os costes da recuperación deben pagalos as clases mais humildes e as clases medias, e en ningún caso os responsables de non ter evitado a maior estafa piramidal da historia recente do capitalismo. Eso xenerará nos próximos anos unha nova mutación da crise: a crise social. Velaí como a crise das hipotecas subprime se transformou nunha crise de liquidez, logo nunha crise productiva, para rematar sendo unha crise monetaria e fiscal e finalmente social.

Traducción ao idioma da rúa: as débedas do sistema financieiro e dos que por irresponsabilidade ou ignorancia tomaron préstamos que non poden pagar anótanse na contabilidade nacional dos estados e tradúcense nun recorte de servizos públicos. En linguaxe comprensible para o español pisitófilo-creditófago: ao precio do seu piso debe sumarlle os intereses, os impostos pagados e os servizos descontados. É posible que facendo unha análise financieira incluíndo todos os costes anteriores, un piso de 100.000 euros teña un coste real de 300.000 ou 400.000, a pagar en 35 anos. Son as contas do Gran Capitán.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: