Noruega


Definitivamente Noruega ten que ser outro mundo. Non hai mais que escoitar o silencio absoluto tras os atentados de hai tres días pese ás ducias de persoas congregadas no lugar (ata as alarmas parecían ter silenciador). Nunha das imaxes tomadas minutos despois das explosións vese cómo alguén protexeu a acera colindante a un escaparate eszaquizado con unha sillas, para que ninguén se cortara. O inicio do traslado do maior asesino confeso da historia recente do país ante o xuiz fíxose coa porta do garaxe da comisaría aberta de par en par. Neste vídeo vese a escolta policial que o conduce á corte de xustiza: dúas motiñas e un par de coches. Neste outro, ante a corte de xustiza, unha pequena multitude silenciosa e sen acordoar espera ao acusado en medio da rúa, interrumpindo, inexplicablemente, o acceso ao garaxe, contra toda norma de seguridade e sentido común. A multitude trabúcase de coche, pero apenas abuchea ao falso Breivik, e o fai en parte… en inglés! Por non falar do aspecto dunha carcel norueguesa (como parece que é esta).

As teorías conspirativas xa inundan a rede (o apoio noruegués á causa palestina, o petróleo do mar do norde, o default norteamericano, atentado de falsa bandeira da CIA, o tentáculo sionista, etc). Pero a verdede é que (á espera de saber se o fixo el só ou interviron os reptilianos todos no atentado) poñer unha bomba nun país como ese e logo darse unha volta a pegarlle tiros a uns cativos non ten complicación ningunha.

O que demostra que a educación éche case todo nesta vida: de ser os guerreiros mais temidos de Europa pasaron a ser un pacífico pobo sumido na sorpresa ante a violencia inxustificada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: