Volcáns e bicicletas


O ano 1815 o Tambora, un volcán da remota Indonesia, erupcionou de xeito extremadamente violento.

Foi considerada a erupción do milenio: o Monte Tambora perdeu 1.300 metros de altura por causa da explosión, que se escoitou a 2.500 kilómetros de distancia e deixou un cráter de 6 kilómetros de diámetro e unha profundidade de 1 kilómetro e medio. Provocou tamén un tsunami que devastou as costas veciñas con ondas de 4 metros. A nube deixou escurecido o ceo por dous días e as cinzas deixaron unha capa de 3 metros. En Francia, parece ser, deixou 1 cm de cinzas. Calcúlase que morreron 12.000 persoas polas nubes tóxicas. En toda Indonesia faleceron unas 117.000 persoas, e un número incalculable máis elevado morreu pola perda das colleitas en todo o mundo, xa que o clima do planeta restou durante anos nun estado caótico: nevou no ecuador e diluviou nos polos. Perdéronse as colleitas de tres monzóns consecutivos, o que axudou á extensión dunha nova cepa de cólera na India e de tifus no Mediterráneo. En 1816 non houbo verán no hemisferio norte. A miseria asolou Europa (xa destrozada polas guerras napoleónicas) e Norteamérica, onde se viviu a peor onda de fame do século XIX, con disturbios por causa do desabastecemento en Alemaña e incluso na pacífica Suiza, na que o exército houbo de manter a orde. Víronse longas procesións de refuxiados en Inglaterra, que vagaban do campo ás cidades, e o Goberno inglés tivo que abrir comedores populares para abastecer a unha poboación asustada e empobrecida.

En Europa o pintor Turner case inventa o impresionismo ao tratar de reflexar os atardeceres cincentos de Inglaterra, cores que ninguén foi que de relacionar co remoto volcán indonesio. Lord Byron exiliábase a Suiza en xuño de 1816, xunto con Shelley, e ao non poder sair da casa polas tormentas incesantes que se desataron ese verán, mantivo animadas tertulias das que nacerían relatos como o de Frankenstein, ou poemas como este:

Tiven un soño, que non foi un soño.
O Sol extinguírase e as estrelas
vagaban a escuras no espazo eterno.
Sen luz e sen rumbo, a xeada Terra
oscilaba cega e negra no ceo sen Lúa.
Chegou a alborada e foise.
E chegou de novo, sen traer o día.
E o home esqueceu as súas paixóns
no abismo da súa desolación.

Non moi lonxe de alí, no norte da Selva Negra alemana, en Karlsruhe, o aumento do prezo da cebada coa que se alimentaba o gando de tiro debido ás malas colleitas axitou o inxenio do inventor Karl Drais. Matinou que para sustituir a tracción animal non había cousa millor que a forza humana, e inventou a bicicleta, á que chamou Laufmaschine.

Laufmaschine: o arquetipo da bicicleta.

Ligazóns de interese:

Wikipedia.
Discovery Channel.
Meteored.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: