“A educación española está demasiado reglada”


Decía Descartes que o mellor Estado é aquel que está rexido por poucas leis. O coordinador do informe PISA (ese no que saímos tan mal parados) ben o debe saber, cando afirma que a educación española está demasiado reglada.

En definitiva, temos leis novas case todos os anos. A última (un regluamento con rango de orde, se non lembro mal) versaba sobre os contratos de cafetería. A anterior, de maio, volvía a reformar o eternamente reformado currículum de bacharelato. No sistema educativo (cada vez mais sistema, cada vez menos educativo) temos sobreabundancia de normas.

A sentencia de Descartes apostillaba que o Estado pouco reglado sería un bo Estado só se as leis se cumplen.  E ese detalle é importante, non se crean…

Advertisements

3 Comentarios

  1. Nemigo said,

    Xuño 26, 2011 ás 11:46

    burocratizada a educación está burocratizada de máis

    bótase en falta máis autonomía, que os colexios e escolas teñen máis marxe pra adaptarse aos alumnos, ás circunstancias e á sociedade

    • iesounonies said,

      Xuño 26, 2011 ás 17:32

      E que eu penso que esa autonomía xa a teñen de iure e de facto. Cousa ben distinta é que a empreguen e, sobretodo, para qué a empregan.

    • aulaga said,

      Xuño 27, 2011 ás 17:45

      Estou de acordo en que está burocratizada de máis, e regulamentada de máis; pero non en que non haxa autonomía. De feito, as dúas regulamentacións das que se fala neste post deveñen nunha maior autonomía-e ata para iso hai que publicar regulamentos-, a do bacharelato ampliando as posibilidades de escolla do alumnado e dando á dirección do centro a facultade de autorizala ou non, e a das cafetarías limitando as concesións a un curso escolar, o que en principio permite aos centros decidir anualmente se queren ou non a renovación do servizo e en qué condicións; ben é certo que, en ambos casos, a maior autonomía pasa por unha maior burocracia.
      Con respecto ao último que comentas, eu opino que os centros de ensino teñen, xa dende hai tempo e a pesar da burocracia, marxe de abondo para adaptarse ao alumnado e ao seu contexto; cousa distinta é que haxa vontade de facelo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: