Rebelión na granxa


“Os animais de afora miraron do porco ao home, e do home ao porco, e novamente do porco ao home; pero xa era imposible diferenciar quen era quen.”

Orwell, escea final de Rebelión na granxa.

Hoxe os representantes de UGT e CCOO lle advertiron aos seguidores do 15M e de DRY (que hai días especulaban con unha convocatoria de folga xeral) que “somos a representación maioritaria dos traballadores… somos os únicos capaces de ir aos centros de traballo e conseguir que estos paren… as folgas as convocamos nós… “.

O famoso Felip Puig, Misitro Plenipotenciario de Interior en Catalunya, advirte que vai crear una brigada policial anti-antisistema, porque “movilizan a moita xente e difunden informacións falsas”. Refírese ao movemento do 15M, por suposto, e non aos partidos políticos de turno, que en contra do que poidera parecer, non difunden información falsa nen movilizan a moita xente.

No sistema partitocrático actual (deberíamos chamarlle Réxime do 78?) cada quen parece ter o seu sitio, a súa parceliña de poder e privilexio, o seu monopolio tácito. A suposta loita antifranquista (Franco morreu na cama), os servizos prestados na transición (na Transacción?), o reparto político do traballo (ti convocas folgas, ti dispensas ideoloxía averiada cada catro anos), … diferentes xustificacións serven para que nada cambie no control dos resortes financieiros, políticos e sindicais, que permanecen case inalterados dende 1978. Ahí están metidos cuarentóns, cincuentóns, sesentóns e setentóns, encantados de terse coñecido, co pastel repartido en anaquiños históricamente tasados en función da folla de servizos a favor da boa causa da gobernanza.

Cando as cousas viñan ben dadas podíamos permitirnos o luxo de mirar de preto as cousas. A crise económica, política e moral tirounos para atrás, e agora, visto todo de lonxe, xa non hai quen distinga a un home de outro, a un porco de outro. Todos son homes-porco sorprendidos co paso cambiado e o fuciño metido no comedeiro dos desposuídos.

Unha xeración empurra por detrás. Tarde ou temprano gañará, é mera cuestión biolóxica. A pregunta é cantas xeracións perdidas lle vai costar a este país dar un paso cara adiante. Soan tambores de rebelión en Animal Farm.

Advertisements

4 Comentarios

  1. iznogud el infame said,

    Xuño 24, 2011 ás 12:35

    A rebelión na granxa foi unhas alegoría sobre a revolución soviética. Aquí non tivemos revolución. Por ter non tivemos nin ruptura democrática do pasado nin coas estructuras de poder franquistas.
    Nunca o pobo tomou o poder comandados polos porcos.

    Por outra parte, fora das cidades (e dentro) hai unha boa parte desas novas xeracións que empregan o seu tempo en buscar a comodo nesas mesmas estructuras que outros queren derrubar. Non esquezamos que o PP gañou esas eleccións e, a lo menos na miña ercepción, unha boa parte dese voto é xente nova, moi nova.

    • iesounonies said,

      Xuño 24, 2011 ás 13:16

      Rebelión na Granxa escribiuse como unha alegoría dos mecanismos do poder bolchevique. Pero como alegoría é trasladable ás formas de exercicio do poder habituais na nosa sociedade.

      E lembra que o PP gañou a maioría absoluta xuntando apenas un 25% do electorado.

  2. aulaga said,

    Xuño 25, 2011 ás 14:22

    Fóra do feito de que aquí non houbese revolución, na novela hai outra tese aplicable aquí e en todas partes, que é que o poder corrompe. Neste caso, os porcos son os sindicatos, que dicían representar a tódolos animais e xa caminan sobre dous pés. As folgas as convocan eles, que son máis iguais ca os outros.

  3. sobreira said,

    Agosto 22, 2011 ás 19:24

    “cantas xeracións perdidas lle vai costar a este país dar un paso cara adiante”? Dicía Fidel C., “un paso atrás, nin para tomar impulso”. Dicía un poeta, “un paso adiante e outro atrás, Galiza”. Escoitei hai pouco o remedo: “un paso atrás e outro atrás, Galiza”. A bioloxía (a física do tempo) indica que unhas xeracións substitúen a outras, pero non confío en que das futuras veña algo moito mellor: non o fixemos tampouco moi ben nós na nosa…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: