Avaldia


Códigos das opcións profesionais de pais/nais que aparecen no manual de corrección da Avaliación de Diagnóstico:

00   Oficiais das forzas armadas
01   Suboficiais das forzas armadas
02   Outros membros das forzas armadas
03   Directores/as e xerentes
04   Profesionais científicos e intelectuais
05   Técnicos e profesionais de nivel medio
06   Persoal de apoio administrativo
07   Traballadores/as dos servizos e vendedores de comercios
08   Agricult. e traballad. cualific. agropecuarios, forestais e pesqueiros
09   Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios
10   Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores
11   Ocupacións elementais

De 12 posibilidades, tres son profesións castrenses. Será unha cuestión de control? Será que a sociedade galega está militarizada? Será que quen deseña o cuestionario ten fixación co mundo castrense? Son os grandes misterios da Avaldía.

Advertisements

2 Comentarios

  1. iznogud el infame said,

    Xuño 15, 2011 ás 10:27

    ..E que hai clases, e parece ser que dentro do estamento castrense máis que noutras partes. En vigo a residencias de oficiais e suboficiais estaban separadas,
    Tamén para deixar claro que un militar non é nin un traballador cualificado, nin outras cousas polo estilo

  2. aulaga said,

    Xuño 15, 2011 ás 20:03

    A min que apareza a división en clases non me sorprende; clases hai en todas partes. Os barcos da mariña mercante tiñan separado o comedor de mariñeiros e o de oficiais, e a sala dos mariñeiros tamé aparte da de oficiais, e os camarotes de uns enriba e dos outros embaixo; e coñecín un instituto (e sospeito que non ha de ser o único) que tiña dúas salas de profesores, unha para os mestres e outra para os licenciados. Entendo que, no cuestionario do avaldía, se se trata de valorar o nivel sociocultural das familias, facer esa distinción pode ter sentido; de feito está, dunha forma menos explícita, no resto dos ítems, onde se distingue entre “profesionais científicos e intelectuais”, “profesionais de nivel medio” e “persoal de apoio administrativo”, por exemplo. O que non entendo é por que razón se fai en concreto para as forzas armadas e non se distingue, entre “persoal sanitario->xefes de servizo->médicos especialistas->médicos de familia->ATS->técnicos de laboratorio->auxiliares de enfermería, por poñer un exemplo. Da toda a impresión de que quen o fixo ou ben está efectivamente coa profesión castrense, ou ben quere valorar o impacto no alumnado de ter un pai/nai con arma e uniforme (pero esquenceu aos gardas de seguridade), ou ben é un chapuceiro que empezou a relacionar as profesións pola “a” de “armadas”, decatouse de que saía moi longo a cortou sen máis. E de que ninguén tratou de buscar unha coherencia no cuestionario, tamén. Por certo; un director de instituo é un director ou xerente, un profesional intelectual, ambas cousas ou ningunha delas?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: