Inside Job


O documental Inside Job (Traballo infiltrado) conta con detalle cómo se planeou e executou a maior estafa financieira da historia, a que levou a economía capitalista ao borde do abismo e xenerou a devastadora crise económica na que estamos metidos.

O poden ver en streaming subtitulado en español nesta ligazón ou nesta outra.

Persoalmente, tras o visionado, reforzo varias opinións que teño dende hai moito tempo. A primeira, que os expertos en economía (dende a Reserva Federal e as facultades correspondentes de Harvard e Oxford ata os interventores de sucursal e os inversores profesionales) non saben mais de economía que unha simple ama de casa que saiba sumar e restar. Simplemente ocurre que os segundos empregan unha linguaxe alambicada para ocultar a simpleza dos seus manexos (tipificados dende hai tempo como estafa, fraude ou roubo, según sexa o caso) ou para enganarse a si mesmos, mentres que as amas de casa só pretenden chegar a fin de mes.

A segunda opinión que reforzo (e que non se fundamenta en coñecementos de economía, senon no simple sentido común) é que a virulencia desta crise económica non é nada comparada coa que, tarde ou temprano, nos espera, se é o caso de que esta non recrudece (que o fará, case non teño dúbidas). Os economistas contemporáneos xa se comportan como os comunistas prosoviéticos: repiten un mantra máxico (que casualmente lles beneficia), e cando a teoría non coincide coa realidade compórtanse como se a realidade non existira. No fan economía: simplemente fan política, e de baixa calidade. Quede claro que eso significa unha soa cousa: o capitalismo financieiro (tal vez non o sistema de producción industrial, sobre o que só aparentemente se sostén) ten cavada a súa propia tumba dende o momento en que non ten ferramentas de autocorrección dos seus excesos. Simplemente fuxe cara adiante con unha bolsa de deuda e miseria cada vez mais grande, miseria que xa se extende mais alá das fronteiras das colonias e chama ás portas da metrópoli. Pode ocurrir hoxe, dentro de un lustro ou dentro de vinte anos. Pero ocurrirá, a non ser que o sistema decida poñerse límites a si mesmo.

Advertisements

4 Comentarios

  1. Gregorovius said,

    Maio 30, 2011 ás 00:35

    Unha páxina inzada de publicidade e xanelas emerxentes. E que cando por fin podes darlle á icona de reprodución o primeiro que aparece é nada menos que Sony Pictures.

    Terriblemente contraditorio.

    Paso do documental e quedo co texto. Aí estou de acordo: Estamos nun xigante que afunde. Quen queira quedar dentro tocando o violín que quede …

    Sobre o Titanic, que ven sendo o mesmo que está pasando agora, hay un estudio excelente de Joseph Conrad, que de barcos entendía moito: “Algunas reflexiones sobre la pérdida del Titanic” (1912), en “Notas de vida y letras” (Publicado en castelán por Parsifal Ediciones en 1996). Creo que está dispoñible en inglés en Project Gutemberg.

    Tamén se pode ver en unha especie de “profecía” en “El Trabajador,” de Ernst Jünger , 1932 (publicado en castelán por Tusquets). Iste é moito máis complicado.

    • sobreira said,

      Setembro 12, 2011 ás 23:04

      Coidado Gregrorowicz; Gutenberg é con ‘n’, non con ‘m’. Iso é a pronuncia e regra de grafía galegas. Ven de ‘gut’ (cognado do inglés ‘good’), “bo” + ‘berg’, “montaña”.

  2. iesounonies said,

    Maio 30, 2011 ás 00:37

    Link alternativo:

    http://www.megavideo.com/?v=4H4C2BNT

  3. Félix said,

    Setembro 8, 2011 ás 16:09

    Gregorovius dixo,

    Maio 30, 2011 ás 00:35

    “Unha páxina inzada de publicidade e xanelas emerxentes. E que cando por fin podes darlle á icona de reprodución o primeiro que aparece é nada menos que Sony Pictures.

    Terriblemente contraditorio.”

    Pues yo no veo la contradicción y a mí me da una cierta seguridad porque un documental con tantas datos, tantos cifras y en el que esos datos son tan importantes no merecería tanta credibilidad si no estuviese detrás alguien con nombres y apellidos que “se moje”. Cualquier anónimus puede dar un montón de datos falsos y desaparecer pero si detrás está una compañía como Sony se expone y avala. Hay datos que los dan los entrevistados y ellos mismos son el aval, pero la mayoría los da el narrador.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: