Über alles in der Welt


En España, segundo a EPA, hai case 5 millóns de parados. En Alemania teñen xa case pleno emprego, rexistrando así os mellores datos dende a reunificación.

Durante a época de vacas gordas os alemáns invertiron os seus cartos en algo productivo e con valor engadido: prestaron euros aos españois a cambio dun interés. Nese mesmo tempo, os españois invertiron os préstamos en algo improductivo: compraron ladrillos, sen valor engadido. Agora, na época de vacas flacas, os alemáns collen os intereses que lles pagamos pola da nosa débeda e invírtenos de novo en algo productivo (crear emprego, reactivando o seu consumo interno). Mentres, os españois, rodeados de riqueza ficticia, pagan e calan.

Foron dez anos, dez, de tempo perdido: poderíamos ter mandado aos nosos universitarios a estudar fora, a aprender idiomas, poderíamos ter invertido todo eso en instalacións educativas, en preparar ao país para o seu envellecemento, ou en I+D. En case calquera outra cousa que non fora ese despiporre ladrillil de 250.000 euros por un pisito de 30 anos nunha capital de provincias, a pagar en cómodos prazos durante os vindeiros 80 lustros. Pero a opción crediticia era unha inversión mais sinxela: evitaba pensar a longo prazo.

Así o confirmou en 2006 un dos individuos más incapaces do noso entramado funcionarial, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, alias MAFO, licenciado en Dereito e en Economía, ignorante en ambas as dúas cousas, Ex-Secretario de Estado de Facenda, Gobernador do Banco de España, e reputado incompetente. En efecto, aló polo 2006 o inefable MAFO soltaba bobadas como estas::

Es mejor que los jóvenes tengan una hipoteca a 30 años, que es una inversión a largo plazo, a que se gasten el dinero en viajar“, reiteró. […] la gente en España “se ha lanzado a invertir”, no sólo en bienes de equipo, también y especialmente en vivienda, y en este sentido consideró que la inversión en vivienda es “la mejor” que puede hacer un español para garantizar su futuro. “Los españoles no son tontos” cuando invierten en vivienda, señaló Fernández Ordóñez, quien tras recordar que las inversiones financieras pueden desaparecer, recordó el “drama” que se vive en países como Alemania en los que muchos ciudadanos viven siempre del alquiler y se encuentran en su vejez “sin casa”, una situación que “felizmente en España no vamos a ver. Fontes: [1, PDF], [2], [3] e [4].

Xenio e figura, o panoli este. Se traballara en calquera empresa privada alemana xa estaría na puta calle:

Bla, bla, bla, bla, bla, bla… non teño nin pajolera do que digo:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: