Non choren por min, xa estou morto


Unha das mais memorables escenas da serie Os Simpsons é o corto que presenta Barney ao festival de cine de Springfield no episodio Ha nacido una estrella, o 18 da sexta temporada, cuxo título orixinal (A star is Burns) encerra un evidente dobre sentido. Hoxe mesmo o repuxeron pola televisión por enésima vez, para disfrute dos que apreciamos nese pequeno corto una minúscula obra de arte en forma de dibuxos animados.

Na trabada construcción das personaxes da serie, Barney representa o tipo de borracho que esconde unha persoa sensible e con gran talento artístico. Esta é a afortunada película (a música é de Madame Butterfly):

O internauta ocioso pode pasar un bo rato en Youtube comparando as diferentes versións deste emblemático corto. Así, por exemplo, hai unha versión hispanoamericana (coa imaxe curiosamente invertida, igual que esta de doblaxe italiano) e infinidade de réplicas feitas con imaxes reais (como esta, adaptada ao contexto estudiantil, ou esta en inglés na que o autor se currou moi ben un time-lapse ao final do vídeo).

A miña preferida, por esa extrana pretensión antiaristotélica que supón querer que a realidade copie a uns debuxos animados (unha especie de mímesis inversa) é esta:

(ver a comparación)

Mais alá do frikismo que supoñen estas investigacións internáuticas cabería facer unha reflexión acerca de se a propiedade intelectual non é mais que outra forma de matar o arte.

Pero hoxe non teño moitas ganas de desbarrar, e prefiro deixarlles con Madame Buterfly:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: