Las clases me aburren y me pongo a pensar


Mi profe se cree que me voy en el bus, pero yo hago lo que quiero porque soy una punk. (…) Las clases me aburren y me pongo a pensar…

Así cantaban Aerolineas Federales na segunda metade dos oitenta, cando a transición política estaba culminada e o reparto do poder tras a morte de Franco deixou o país mais ou menos ordeado, atado e ben atado. Representada a opereta de 1981 os militares voltaron aos seus cuarteis e cada quén ao seu traballo.

Eu debía estar en 2º de BUP xusto cando Coral Alonso, de perturbadora beleza, desafinaba con timidez e nos aconsellaba faltar a clase para irnos de festa. Onte, coma hoxe, ir ao cole era un pesadelo. Moitos pasamos de alumnos a profesores sen ter tocado o mundo real entre unha cousa e outra, e así vai este negocio. Todo cambia para ser sempre o mesmo:

Se durante a transición houbo todo un boom de cancións de autor (algúns incluso existencialistas, como Mari Trini ou Joan Baptista Humet) evidente produto do intento de participar na reorganización política e ideolóxica do país tras case 40 anos de dictadura, o final dos oitenta quedou marcado por outra forma de música popular desencantada, feita polos irmáns pequenos dos anteriores que, escarmentados en carne allea, optaron por non comprometerse e facer unha música sen profundidade lírica e con melodías pegadizas que ían do desencanto (Golpes Bajos) ao mais puro absurdo (Siniestro Total). Supoño que foi o resultado da frustración social, a reconversión, a crise económica e o autoritarismo político disfrazado de democracia.

Lembro como se fora onte que ao meu colexio (de curas) viu un señor a darnos unha longa conferencia sobre a postmodernidade na que analizou pormenorizadamente as letras dos grupos de moda (Mecano, Siniestro, Golpes, Reixa), denunciando como un apocalítico a dexenaración da raza, o final dos tempos e a decadencia de Occidente: letras triviais e carentes de futuro, inzadas de fallos sintácticos inaceptables e mensaxes transgresores e contraculturais que resultaban ser un mal exemplo para as nosas influenciables e virxinais mentes. Non é dificil imaxinar qué diría aquel conferenciante católico (tarde ou temprano lembrarei o seu nome) se soubera que unha parte daquela contracultura íase sentar mais tarde na poltrona das sociedades de xestión de dereitos de autor, encarnando o perfil mais reaccionario e acomodado da nosa sociedade.

Advertisements

1 comentario

  1. iesounonies said,

    Abril 25, 2011 ás 00:54

    O tempo pasa para todos; Coral Alonso:

    http://www.farodevigo.es/economia/2010/12/03/abocados-desesperacion/497061.html


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: