Non foi a xeración da LOGSE


Non foi a xeración da LOGSE a que levou este país á ruina. Foron as xeracións que conviviron co franquismo e que logo fixeron a transición, esas que ainda din que tanto sufriron e traballaron (que tiveron chollo fixo, pensión asegurada, salarios ligados á inflación, pisos pagados en dez anos), foron eles quen estafaron a un país enteiro. Os que agora se sentan nos Consellos de Administración ou cobran pensións completas mentres os xoves licenciados (enxenieiros e doutores, que si estudaron en lugar de dar o consabido pelotazo) traballan como becarios por 600 euros, ou simplemente traballan gratis.

Teléfónica vai repartir beneficios millonarios entre os seus directivos mentres despide a miles de traballadores. Esa é a magnitude da traxedia. Un individuo que fala como un cabreiro (disculpas aos cabreiros, por suposto) dirixe unha das maiores e mais ineficaces empresas do país, Timofónica, antes buque insignia da empresa pública española e agora simple cova de ladróns.

Repetimos un popular vídeo posto anteriormente neste blog, para que todos aqueles que boten pestes da LOGSE se fagan unha idea do analfabetismo oral que destilaba a educación española nos plans anteriores. Lembren: Cesar Alierta é licenciado en Dereito e estudiou (oa parecer) en New York; non é tratante de gando nin traballa poñendo viños na taberna do porto. Ainda que o pareza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: