Os latidos do tempo


O outro día falábamos dos ciclos solares e mencionábamos a Pequena Idade de Xeo e o Óptimo Climático Medieval. Unha pequena investigación en internet mostroume que a existencia de ambos os dous sucesos non é aceptada de xeito unánime pola comunidade científica. Parece mais ben un lugar común, un tópico, ao cal se adecúan as observacións dos climatólogos.

Semella que a paleoclimatoloxía é unha disciplina de consenso difícil. Unhas probas endebles serven de soporte a teorizaciones máis ou menos xenerales. A explicación das glaciacións e os ciclos climáticos, por exemplo, é materia disputada.

A teoría mais atractiva é a que relaciona os cambios orbitais da Terra coas variacións climáticas rexistradas, postulada en 1920 polo astrónomo serbio Milutin Milankovic: trátase do Ciclo Astronómico de Milankovic. O Ciclo de Milankovic refírense ao efecto combinado de catro movementos da órbita terrestre.

O coñecemento mais extendido asume que a Terra desenvolve dous movementos básicos: a rotación (arredor de si) e a traslación (arredor do Sol). Pero o certo é que a Terra efectúa, a lo menos, catro cinco movementos relevantes (rotación, traslación, precesión, nutación e bamboleo), aos cales se lle suman outras dúas perturbacións (cambios na excentricidade da órbita e no plano da eclíptica). Se observáramos o movemento a gran velocidade semellaría unha peonza a piques de pararse. Pois ben, Milankovic calculou a coincidencia no tempo da precesión (ciclos de 26.000 anos), a excentricidade (100.000 anos), a inclinación do eixo (ou oblicuidade da eclíptica, 41.000 anos) e a oscilación do plano da eclíptica (70.000 anos), e os comparou coa frecuencia dos periodos glaciais coñecidos, atopando unha intrigante coincidencia:

O efecto combinado e coincidente deses fenómenos desencadenaría un periodo glacial. Como dí a Galipedia:

A conclusión final de todo isto é que cada certo tempo os catro factores se alían para producir un período glacial. Estes períodos son moito máis longos (uns 100.000 anos) cós breves intervalos interglaciais. Ningún deles por si só podería desencadear quizabes unha glaciación pero cando conflúen as condicións favorables entón iníciase o proceso.

A teoría parece elegante e sinxela, como todas as teorías. O problema é que os cálculos non saen: algunhas glaciacións comenzan antes dos periodos de coincidencia, hai buratos nas series de datos empíricos, as coincidencias dan preponderancia a uns movementos nun caso e non noutro e o modelo ignora os efectos da tectónica de placas (a posición dos continentes fai variar a radicación solar absorbida), e ignora tamén as correntes mariñas e circulación atmosférica, elementos claves para entender a regulación do clima.

En todo caso resulta estimulante pensar a tan longo prazo e situar a nosa posición exacta na longa historia deste vello planeta: unha gota de intelixencia en medio dun océano de pulsacións climáticas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: