Todo segue normal


Fronte a tanta devastación bélica, tanta crise económica e tanto latrocinio, a natureza segue o seu curso normal e predecible.

Os astrónomos levan observando as manchas solares dende o século XVII. O conteo de manchas foi dende entón tan continuado que permitiu coñecer o ciclo de actividade solar con exactitude: é de 10,7 anos. Cada aproximadamente 11 anos (ao parecer, o tempo que tarda unha reacción de fusión en escapar do xigantesco campo gravitatorio solar) as manchas solares desaparecen por completo (o chamado mínimo de actividade), tras o cal voltan de novo ata acadar o máximo correspondente, acompañadas de eupcións e tormentas electromagnéticas. Esta é a gráfica que resulta da unificación de miles de observacións feitas por centenares de astrónomos profesionais e amateurs ao longo de 400 anos (click para ampliar):

O baixón de actividade solar que se aprecia entre a metade do século XVII e comezos do XVIII coñécese como Mínimo de Maunder. O Sol rexistrou un súbito enfriamento que aquí, no noso planeta Terra, traduciuse nun periodo coñecido como Pequena Idade de Xeo: un desbasaxuste climático que provocou nevadas fora de temporada e que aínda se pode apreciar nos cadros da pintura flamenca da época. Ese periodo foi posterior ao tamén coñecido Óptimo Climático Medieval, unha época especialmente calurosa que abarcou do século X ao XVII.

A reanudación da actividade solar alá polo ano 2010 foi detectada polos observatorios solares da NASA/ESA, que nos brindaron imaxes tan espectaculares coma esta de febreiro de 2011:

O máximo de actividade está previsto para mediados de 2013, se non hai novidade.

A inmensidade do universo natural non deixa de servir de escape, sequera temporal, ás miserias do universo humano. Se é así para vostede, e quere seguir a actividade solar diaria, poden consultar a páxina so SOHO.

 

Advertisements

2 Comentarios

  1. Felix said,

    Abril 13, 2011 ás 13:37

    Una entrada muy interesante y adecuada para desconectar de las miserias del universo-ombligo humano.
    Tengo una duda, ¿esos picos de actividad solar se corresponden con emisiones de radiación electromagnética o de partículas de viento solar?, si son ondas electromagnéticas, ¿de qué frecuencia? El vídeo de la tormenta solar está grabado con un detector de rayos X, lo que tiene sentido teniendo en cuenta el origen de dicha tormenta en una reacción nuclear. Por otro lado, supongo (no lo sé con certeza) que durante este aumento de actividad debido a esas reacciones de fusión también se producirá un incremento enorme de emisión de partículas cargadas (viento solar).
    A donde me llevan estas dudas es a preguntarme sobre la magnitud del impacto de estos ciclos solares sobre el clima en la Tierra. Resulta que tanto la radiación de alta frecuencia (rayos X, gamma o ultravioleta extremos) que creo que serán los predominantes en estas reacciones, como el viento solar, no llegarán a afectar demasiado porque los primeros se bloquean en la atmósfera y los segundos quedan atrapados en el cinturón de Van Allen.

    • iesounonies said,

      Abril 13, 2011 ás 22:12

      Los picos son máximos de número de manchas solares. Según entiendo, se producen por desórdenes internos de la masa gaseosa (debido a diferencias de velocidad angular en los distintos puntos de la superficie de la estrella) y son los que producen las tormentas solares. Es la actividad electromagnética la que puede perjudicar los aparatos eléctricos de los humanos, para lo cual la NASA dispone de un sistema de alerta temprana (estoy seguro de que de todas esas cosas sabes mucho más que yo…).

      Según he leído, nuestro aparatos más sofisticados son todavía relativamente recientes y no están testados antes una buena tormenta solar. La tormenta solar más “estruendosa” de la que se tiene registro ocurrió en 1859, y provocó algunos problemas con el recién estrenado telégrafo. Por lo demás, tampoco fue un apocalipsis, más bien al contrario: se vieron auroras boreales en la mismísima Roma. Un enlace, y gracias por tus comentarios:

      http://es.wikipedia.org/wiki/Tormenta_solar_de_1859


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: