O bacharelato para listos


A sempre provocadora Esperanza Aguirre anuncia que creará un colexio exclusivo para rapaces que teñan mais dun 8 na ESO.  A noticia da prensa afirma que estará destinado a rapaces que teñan Mención de Honra na ESO (0 que non está mal, tendo en conta que a Mención de Honra só se outorga no bacharelato), e se ubicará no Instituto San Mateo de Madrid.

Queda por ver cómo fan o encaixe legal do asunto, porque entre os requisitos de matrícula dun instituto de ensino público non está o expediente académico, senon o padrón municipal. Eso, para comenzar.  E para continuar, a ver cómo meten a tantos cativos con mais de un 8 na ESO (que en Madrid han de ser uns cantos miles) nun só instituto de bacharelato. Pero non hai problema: co ensino pódense facer experimentos preelectorais. Total, qué mais da, Esperanza nen sabe nen saberá nunca cómo funciona un centro educativo.

Aguirre afirma que se se lle dan oportunidades aos rapaces mais retrasados, deberían dárselles tamén aos mais adiantados. A Consejera de Educación da Comunidade de Madrid, Lucía Figar, case pensa o mesmo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: