Mal de escola


A todos os que suspendimos coma campeóns durante a nosa escolarización non nos dí nada novo “Mal de escola”, o libro de Daniel Pennac .

Suspender era o normal, pese a que ás veces tiveras a confusa sensación (nunca verbalizada) de saber máis que os teus propios profesores. Finalmente, lías moito (lembro aquela enciclopedia que mercaran os meus pais por fascículos, e que lin enteira, de principio ao final, actualizacións incluídas), pero eso non impedía que foras o peor da clase, e que a clase fora a peor dende que se fundara o colexio. e que as novas xeracións foran, outra vez, as peores ab urbe condita. A mesma cantinela, por certo, que hoxe escoitan os nosos cativos.

Hai que agradecerlle a Pennac a súa sinceridade, e sobretodo, a súa memoria. ¿Cantos docentes borraron do seu recordo as inmensas faltas de ortografía da infancia, o odio cara ás clases, o aborrecemento, a frustración e sensación certa de carecer de futuro? ¿Ou se pensan que todos os profesores do seu claustro foron bos estudantes? Eu sei dun fracasado escolar que chegou a director de instituto.

Hai uns párrafos do libriño (que deberan ser de lectura obrigatoria no CAP e na fase de prácticas) e que me resultaron especialmente clarificadores. Este, por exemplo:

(…) le parecía que la naturaleza de una clase y la de una orquesta estaban relacionadas. Cada alumno toca su instrumento, no vale la pena ir contra eso. Lo delicado es conocer bien a nuestros músicos y encontrar la armonía. Una buena clase no es un regimiento marcando el paso, es una orquesta que trabaja la misma sinfonía. Y si has heredado el pequeño triángulo que solo sabe hacer ting ring, o el birimbao que solo hace bloing bloing, todo estriba en que lo hagan en el momento adecuado, lo mejor posible, que se conviertan en un triángulo excelente, un birimbao irreprochable, y que estén orgullosos de la calidad que su contribución confiere al conjunto. Puesto que el gusto por la armonía les hace progresar a todos, el del triángulo acabará también sabiendo música, tal vez no con tanta brillantez como el primer violín, pero conocerá la misma música. El problema es que queremos hacerles creer en un mundo donde solo cuentan los primeros violines. Y que algunos colegas se creen unos Karajan que no soportan dirigir el orfeón municipal. Todos sueñan con la Filarmónica de Berlín, lo que es comprensible…

Fonte da imaxe.

Advertisements

1 comentario

  1. cousas said,

    Marzo 29, 2011 ás 01:22

    Non sei…gustándome o punto de vista dende o que se escribe o libro, e observando que é pouco común tal vez nos nosos claustros (uf!), non sei se o faría lectura obrigada no CAP, pois supoño que, tal e como lles pasa aos nosos alumnos, por ser obrigada sería collida superficialmente e a disgusto…un amigo dicíame se tal vez non estaría mal que algúns directorcillos con conciencia didáctica lles regalasen este libro aos profes en fase de prácticas…pois é probale que sexa unha boa idea.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: