Inglés? Fala ti, que a min dame a risa


Envíame un profesor do meu centro esta colaboración, que transcribo literalmente para pública ilustración:

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de convocar as súas axudas para realizar actividades de formación en linguas extranxeiras.

O ano pasado o programa chamábase de inmersión lingüística, pero para esta convocatoria, o de inmersión vai quedar como moito nunha chapuzada.

Para comezar, do total de 3730 axudas convocadas, soamente o 16 % implican a saída ao extranxeiro, que queda relegada na case totalidade a Ciclos formativos e Bacharelato. O alumnado de ESO terá que conformarse este ano cun curso de 2 semanas nunha residencia en Galicia. Vamos, que van falar ingés polos codos.

E, cánto lles vai custar o curso aos seleccionados?. Pois por ahí vai a outra parte do recorte. Este ano as familias participantes terán que facer unha achega que pode superar o 50% do custo da actividade, o que nalgúns casos suporá ata 1500 €, cousa que, lóxicamente botará para atrás a moitos solicitantes.

Pero quen vai a pagar máis e quen menos? De momento non está nada claro. Os solicitantes deberán calcular os seus puntos tendo en conta as súas calificacións, a renda familiar e outras circusntancias especiais. De acordo a esta puntuación serán clasificados en catro categorías, con achegas diferentes para cada unha. O malo do asunto é que en ningún sitio se publica a relación entre a puntuación obtida e a categoría correspondente. Iso si, cada grupo ten asignado xa un porcentanxe das prazas dispoñibles, o que asegura que poderán ir seguro os que menos puntos teñan, sempre que poidan pagar. (Que curioso!, igual que se non houbera axudas oficiais!)

Si, xa sabemos que todo isto é pola crise, e bla, bla, bla. Se de aforrar se trata, non entendo por que a Xunta eliminou as axudas para intercambios escolares co extranxeiro. Pola experiencia que teño, unha viaxe de 10 días a Francia, con estancia en familia e un traballo de preparación e seguimento de todo un curso académico, ten un custo total por alumno de 300 €. Botando contas, isto é menos da terceira parte do que custan 10 días tempo na convocatoria actual da consellería para o mesmo pais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: