Mais historias de velos


Como mencionábamos nunha entrada anterior, o Consello Escolar do CEIP de Arteixo decidiu cambiar de centro a unha cativa musulmana por levar velo nas clases. Daquela non notamos que o Consello Escolar non pode impoñer sancións. Segundo a actual normativa (1), o Director do centro é o competente para facelo, informado o Consello Escolar, que pode revocar a sanción.

Pero o millor de todo é que nen sequera foi aberto o preceptivo expediente disciplinario contra a rapaza, conditio sine qua non para optar a unha sanción como o cambio de centro, que é a mais grave de todas as contempladas nos regulamentos dos centros galegos. Tal é así que a Consellería agora recuou e non admite o traslado de centro que no seu momento accedía facer. O asunto cheira a empecinamento irracional dun director fora de control tomando decisións ao seu antollo e inventando problemas.

Se no meu instituto houbera unha rede de sustracción, venda e intercambio ilegal de teléfonos móbiles non habería xeito de trasladar de centro aos alumnos implicados. Pero ollo, que como un rapaz leve un pano na cabeza xa a temos liada. Por se alguén se pensaba que este era un negocio serio.

(1) O enlace conduce a un sindicato, visto que na páxina da Consellería non hai xeito de atopar nada en menos de dúas horas.

Minutos musicais:

Advertisements

1 comentario

  1. Kali said,

    Marzo 20, 2011 ás 13:50

    Esa normativa e outra pode obtela gratuitamente, e moi actualizada, na páxina web do IES As Mariñas
    http://www.edu.xunta.es/centros/iesasmarinas/category/10
    Tamén a pode obter nas web doutros institutos e centros de infantil e primaria (Ferrolterra, Vales Vilamarín, …)
    Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: