Españoles y lusos


Conta un chiste da época que Franco, en presenza do dictador portugués Salazar, dirixiuse á multitude con esas parabras: “españoles y lusos!”

En efecto, españoles ilusos. Para dar liquidez (é dicir, salvar da quebra) as caixas de aforros españolas precisan 20.000 millóns de euros dos nosos bolsillos, por agora. Por qué en vez de regalarlles o noso diñeiro non se lles obriga a acadar liquidez sacando á venda, a prezos de mercado, o seu parque inmobiliario, que xa suma, segundo diversas estimacións, 1.000.000 de vivendas baleiras e centenares de miles de metros cadrados de terreo? Tan difícil é asumir que apenas cubren o 50% do seu valor contable?

Mentres pagamos entre todos os pufos dunha banca irresponsable os prezos da vivenda seguirán caendo suavemente, coa esperanza (inútil, na miña opinión) de que non cheguen a tocar fondo, xa que eso desestabilizaría os balances das entidades financieiras de Hispanistán. O que se pretende é que paguemos agora o coste de manter os prezos fóra do mercado, e logo, mais tarde, o sobreprezo da vivenda cando o temporal amaine. Leve unha e pague dous. O peor de todo é que é dificil que consigan o efecto desexado. E polo camiño deixarán outra xeración perdida, na que non se invertiu para o futuro, senon para tapar os erros do pasado.

Españoles y lusos…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: